Volver

03 de Maio

Os viños de Rías Baixas promocionaronse en México a través de actividades online e presenciais

 

O departamento de márketing da D.O. Rías Baixas continúa coas súas campañas promocionais no ámbito internacional  durante 2021, combinando promoción e formación en liña con actividades presenciais, sempre dependendo da situación epidemiolóxica de cada país. México protagonizou diferentes actividades dirixidas ao consumidor final durante o mes de marzo, cuxo alcance superou máis de 150 persoas.

Experiencias gastronómica, Rías Baixas brinda polas mulleres, o webinar Son Viño, unha clase na rede social Wikavinos e a participación no programa It’ s drink ou’ clock & Rías Baixas foron as citas que os consumidores finais mexicanos tiveron cos viños de Rías Baixas.

Combináronse as actividades en liña, na súa maioría, coas presenciais. Neste último caso, organizouse unha cea maridaxe (experiencia gastronómica) en Ciudad de México na que participaron consumidores, especialmente do ámbito empresarial. A plataforma Zoom reuniu a membros da comunidade Mujeres in Taninos, unha asociación sen ánimo de lucro, para brindar polo sexo feminino, que, ademais, contou coa participación de seis mulleres de Rías Baixas (enólogas e representantes de empresas).

Tamén os viños de Rías Baixas estiveron presentes no webinar Son Viño, organizado pola axencia Food  & Wine, que reuniu a consumidores. A rede social Wikivinos dedicou unha masterclass aos Rías Baixas. Ademais, estes viños atlánticos tamén protagonizaron o programa It’ s Drink Ou’ clock & Rías Baixas.

México é un destino tradicional para os viños da D.O. Rías Baixas e nel venden 34 adegas. Este país ocupa a novena posición no top-ten de 2020, con 198.436,50 litros exportados.