7 de febreiro de 2020.- Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas participan estes días na edición número 21 de Xantar, en Expourense. En concreto, trece bodegas de Rías Baixas, cun total de 29 marcas, forman parte ata o vindeiro domingo 9 de febreiro dun túnel de viño xunto ás demais denominacións vitivinícolas galegas.
Os asistentes a este túnel do viño en Xantar poderán atopar viños albariños Rías Baixas, viños espumosos de calidade, sobre lías e ata tintos, entre outras elaboracións. Dous expertos sumilleres poderán asesorar ás persoas presentes sobre as calidades dos viños de Rías Baixas.
Do 5 ao 9 de febreiro, Ourense convértese nun referente do turismo enogastronómico máis punteiro, tanto de España como de Portugal. Coa participación da D.O. Rías Baixas, así como doutras denominacións galegas, ponse en valor os produtos agroalimentarios autóctonos de calidade, como estes viños. Durante a semana, Xantar estivo dirixido a un público profesional pero durante esta fin de semana abrirá as súas portas ao público en xeral, que tamén poderá degustar as calidades dos viños Rías Baixas.