Volver

18 de Setembro

Responsables de establecementos especializados en viño de Inglaterra descobren a D.O. Rías Baixas

18 de setembro de 2018.- Cinco responsables dos establecementos da cadea Corks Out de Inglaterra visitan estes días a D.O. Rías Baixas. Mike Stanton, Polly Mackarel, Patrick Smith, Paul Wardle e Adam Legg participan nesta misión inversa tras vencer no concurso Corks Out o pasado mes de xuño, centrado na promoción dos viños desta Denominación de Orixe.

Como recompensa aos seus esforzos puideron participar nesta misión inversa que os levou a visitar adegas de distintas subzonas e de diferente tipo. Todos eles amosáronse gratamente sorprendidos pola contorna natural de Rías Baixas, así como pola ampla variedade de viños que puideron degustar durante esta viaxe. Especialmente interesantes resultáronlles os Rías Baixas Espumoso, ademais doutras elaboracións que pretenden incorporar ao portfolio dos seus respectivos establecementos dentro da cadea Corks Out.

O percorrido pola Denominación de Orixe finaliza hoxe. A través desta iniciativa agárdase que estes prescriptores ingleses conozan de primeira man o traballo efectuado en Rías Baixas, especialmente nunha época como esta na que xa comezou a vendima, e que tamén se convirtan en embaixadores dos seus viños. Deste modo, poderán transmitir os seus coñecementos a aquelas persoas interesadas en descubrir elaboracións diferentes.

Segundo mercado internacional

Reino Unido é o segundo mercado internacional da Denominación de Orixe Rías Baixas. Foron un total de 1.469.954,75 os litros que se exportaron a este país durante 2017, o que supón un incremento do 37% con respecto ao exercicio anterior. En valor rexistrouse un aumento do 31% sobre 2016, pasando de 5.114.140,56 euros a 6.731.118,95 euros.

Dada a importancia deste mercado, o Consejo Regulador conta cun plan promocional específico para este país. Entre as accións que se levan a cabo atópanse a organización de misións inversas, a participación en feiras internacionais de interese como a London Wine Fair ou o desenvolvemento de actividades promocionais dirixidas tanto a profesionais como a público xeral. Todo para seguir mantendo o crecente interese que os viños de Rías Baixas están causando entre a poboación.

Participantes

Mike Stanton. Director da sección de vendas e responsable da revisión da lista de viños e de coordinar o grupo de xerentes dos distintos establecementos da cadea Corks Out.

Polly Mackarel. Responsable do establecemento especializado en viños de Chester, que tamén conta cun espazo específico de wine bar.

Patrick Smith. Xerente do establecemento de Knutsford, o último en incorporarse á cadea Corks Out e que se centra na comercialización minorista.

Paul Wardle. Responsable da filial de Corks Out en Alderley Edge, especializada tanto en comercialización tanto maiorista como minorista e centrado en produtos gourmet.

Adam Legg. Xerente do establecemento de Timperley, que é o máis pequeno da cadea Corks Out, pero que se converteu nun dos centros de referencia na zona, contando cun amplo abano de clientes habituais tanto para comercio minorista como maiorista.