Volver

15 de Maio

RÍAS BAIXAS SÚMASE AO DÍA VIÑO D.O. 2025

Chega a festa do viño con Denominación de Orixe: o Día Viño D.O. 2025. Será este sábado, 10 de maio, en 32 denominacións de orixe de viño, que o celebrarán organizando diferentes actividades destinadas ao consumidor final en lugares emblemáticos das súas zonas, en colaboración con diferentes activos dos territorios: adegas, viñotecas, grupos de acción local, entidades colectivas da comarca, cofrarías de pescadores, rutas gastronómicas, mosteiros, festivais e asociacións culturais, feiras de mostras. O acto central será un brinde colectivo e simultáneo, que terá lugar ás 13.30h (ás 12.30h, en Canarias). A D.O. Rías Baixas súmase a esta celebración poñendo en valor o seu patrimonio vitivinícola, as súas adegas e viñedos e a súa cultura do viño a través dun brinde colectivo nas súas redes sociais.

O Día Viño D.O., iniciativa promovida pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), a asociación que representa ás denominacións de viño a nivel nacional, é á vez unha festa e unha reivindicación e celébrase cada ano o segundo sábado de maio. Albacete, Amurrio (Álava), Barcelona, Bullas (Murcia), Calatayud (Zaragoza), Cariñena (Zaragoza), Cigales (Valladolid), Corella (Navarra), Daimiel (Cidade Real), Huesca, Jerez (Cádiz), Jumilla (Murcia), Lanzarote, Leioa (Biscaia), Málaga, Monterrei (Ourense), Pantón (Lugo), Pontevedra, San Cristóbal de la Laguna (Tenerife), San Sebastián (Guipúscoa), Santa Eugènia (Mallorca), Toro (Zamora), Uclés (Cuenca), Utiel (Valencia), Valencia, Valencia de Don Juan (León), Vera del Moncayo (Zaragoza), Villaviciosa de Odón (Madrid) e Yecla (Murcia) son os municipios e as provincias de múltiples zonas do noso país nas que as DDOO participantes organizan, entre outras accións, catas guiadas e de iniciación ao producto en viñotecas, visitas a museos do viño e a outros atractivos do patrimonio histórico-artístico das zonas, maridaxes tradicionais e innovadores con produto local, actuacións musicais e DJs, exhibicións de pintura, actividades para o público infantil… E todo iso coa posibilidade de desfrutar, á vez, dos viños de cada unha das denominacións de orixe participantes.

Todo cun doble obxectivo: achegar o viño con D.O. á xente, como un dos produtos máis recoñecidos e auténticos do noso país e das súas respectivas zonas, e salientar que as denominacións de orixe de viño contribúen de xeito significativo ao presente e o futuro das nosas zonas rurais. Este ano, todas as actividades vanse levar a cabo baixo o leitmotiv “as denominacións de orixe impulsan as nosas vilas. Brindemos polo seu futuro!”, fomentando unha mesma conversa en redes sociais baixo o hashtag #VINODOdinamismorural.

As 32 denominacións de orixe que participan este ano no Día Vino D.O. son: Almansa, Binissalem, Bullas, Calatayud, Campo de Borja, Cariñena, Catalunya, Cigales, Jerez, Jumilla, La Mancha, Lanzarote, León, Málaga, Manzanilla-Sanlúcar de Barrameda, Monterrei, Navarra, Pla i Llevant, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Sierras de Málaga, Somontano, Tacoronte-Acentejo, Toro, Txakolí de Álava, Txakolí de Bizkaia, Txakolí de Getaria, Uclés, Utiel-Requena, Valencia, Vinos de Madrid y Yecla. Todas van brindar á vez este sábado, 10 de maio, ás 13.30h (12.30h en Canarias), polo viño D.O., polos valores que encerra (diversidade, calidade, autenticidade, coidado e respecto polo saber facer local e polo medio natural, arraigo e recoñecemento do medio rural, disfrute, cultura…) e pola contribución das DDOO de viño ao presente e o futuro das vilas e territorios nos que se ubican.

A información sobre as actividades que se van levar a cabo nas diferentes denominacións de orixe o 10 de maio está dispoñible nas súas respectivas webs e na páxina de CECRV: www.vinosdo.wine