Unha semana dedicará Tim Atkin, o galardoado escritor de viños e Master of Wine, procedente de Reino Unido, a profundar os seus coñecementos nos viños, as adegas e a viticultura da D.O. Rías Baixas. Para iso percorrerá diferentes subzonas da denominación entre as que se atopan Condado do Tea, O Rosal e Val do Salnés. Contará cun amplo programa que lle permitirá visitar un total de 24 adegas, e completar o seu coñecemento con algunha reunión.