Notas de prensa

Rías Baixas

venres, 28 Decembro, 2018

28 de decembro de 2018.- Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas superan os 290 galardóns coa súa participación en concursos enolóxicos nacionais e internacionais. Suman en concreto 266 premios e 25 eloxios en 29 das citas establecidas no calendario oficial da Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV) ás que concorreron desde xaneiro adegas adscritas á denominación.

mércores, 26 Decembro, 2018

20 de decembro de 2018.- Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas incrementan en volume e en valor as súas exportacións de campaña, que comprende o periodo desde o 1 de setembro de 2017 ata o 30 de agosto de 2018.  Este crecemento traduciuse nun 16,61% máis de volume, acadando xa os 7.161.283,52 litros vendidos nos mercados internacionais e nun 14,69% en valor, chegando aos 38.873.637,18 euros. Con respecto á campaña anterior, estes viños elevaron en a

mércores, 26 Decembro, 2018

Unhas 120.000 botellas de Rías Baixas Escumoso de Calidade certificará para estas Navidades o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Como corrobora o director técnico do Consello, Agustín Lago, existe un interese crecente por este produto “nesta campaña están comercializando Rías Baixas Escumoso de Calidade 14 adegas e elaborando 19”.

venres, 23 Novembro, 2018

23 de novembro de 2018.- A Denominación de Orixe Rías Baixas entregou esta tarde os diplomas da sétima edición da súa Cata das Colleitas, que tivo lugar o mércores no Hotel Villa Real de Madrid e contou coa colaboración da Unión Española de Catadores. Un total de 60 marcas pertencentes a 33 adegas recibiron os distintos recoñecementos. Máis concretamente, 7 viños foron distinguidos co diploma de Gran Colleita de Ouro (ao ter conseguido unha puntuación superior a 92); 40 obtiveron a Colleita de Ouro (con entre 85 e 92 puntos) e 13 levaron a Colleita de Prata (entre 82 e 85 puntos).

xoves, 22 Novembro, 2018

21 de novembro de 2018.- O Hotel Villa Real de Madrid acolleu esta mañá a VII Cata das Colleitas da Denominación de Orixe Rías Baixas, na que participaron 75 marcas de 36 adegas. Un panel de cata integrado por 27 expertos -9 integrantes do panel de cata interno do Consello Regulador e 18 profesionais externos (xornalistas, sumilleres…)- valorou as 75 mostras a concurso, entre as que figuran colleitas de 2016 e anteriores.

martes, 13 Novembro, 2018

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas dá por concluída a vendima 2018 con 38.595.306 quilos de uva, un 1,9% menos que na campaña anterior. A recollida prolongouse desde o 8 de setembro ata o 14 de outubro. “A colleita tivo lugar nas datas habituais para esta denominación”, explica o director técnico do Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador, Agustín Lago. O bo tempo permitiu, ademais, realizala con sosego, orde e bo ritmo.

martes, 13 Novembro, 2018

Os viños de Rías Baixas renovan a súa participación na undécima edición da feira International Wine & Spirits Fair 2018, que se celebra estes días, concretamente do 9 ao 11 de novembro, en Hong Kong. A participación das marcas de Rías Baixas increméntase este ano ata 50, cunha representación de 26 adegas.

luns, 29 Outubro, 2018

460 profesionais do sector canario pasaron polos Túneles do Viño que o Consello Regulador da D. O. Rías Baixas protagonizou esta semana en Canarias. Un total de 83 marcas participaron en cada un dos túneles.

xoves, 18 Outubro, 2018

2 de outubro de 2018. A D.O. Rías Baixas acolle esta semana a visita de sete prescriptores mexicanos. Andrés Amor, Carlos Borboa, Laura Santander, Sandra Fernández, Jesús Díez, René Rentería e Luis Váldez conforman o grupo de profesionais do sector que percorren desde onte e ata mañán adegas de distintas subzonas para coñecer in situ o traballo que se desenvolve nesta Denominación de Orixe.

xoves, 18 Outubro, 2018

Os 18 profesionais amosáronse gratamente sorprendidos coa capacidade de garda dos viños.

xoves, 18 Outubro, 2018

11 de outubro de 2018.- O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas presentou esta mañá os resultados do “Informe anual do mercado de viños con D.O. Rías Baixas. Mercado español: canles de Alimentación e Hostelería”, elaborado por The Nielsen Company. Un acto que contou coa presenza do presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, que destacou que “mantivemos a nosa presenza no mercado nacional e melloramos no valor do noso produto. Esa é a liña por onde creo que debemos seguir”.

venres, 28 Setembro, 2018

A Denominación de Orixe Rías Baixas afronta a recta final da presente campaña de vendima. Ata a data recolléronse 29 millóns de quilos de uva nas 183 adegas inscritas.

Páxinas