Notas de prensa

Rías Baixas

xoves, 27 Setembro, 2018

Unha decena de importadores asiáticos participan hoxe e mañá na misión comercial inversa organizada pola  Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, en colaboración co Consello Regulador da D.O. Rías Baixas. Esta acción está incluída no programa Plan Internacional de Promoción no marco do Programa Operativo de Crecemento Intelixente, para o periodo 2014-2020, e están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Consello Regulador da D.O.

martes, 18 Setembro, 2018

18 de setembro de 2018.- Cinco responsables dos establecementos da cadea Corks Out de Inglaterra visitan estes días a D.O. Rías Baixas. Mike Stanton, Polly Mackarel, Patrick Smith, Paul Wardle e Adam Legg participan nesta misión inversa tras vencer no concurso Corks Out o pasado mes de xuño, centrado na promoción dos viños desta Denominación de Orixe.

mércores, 12 Setembro, 2018

11 de setembro de 2018.- Seis prescriptores de Estados Unidos visitan esta semana a Denominación de Orixe Rías Baixas. Rick Fisher, Michael Meagher, Carolyn Hermann, Amber Rill, Rebecca Murphy e Kathleen Thomas son destacados profesionais especializados do sector interesados en coñecer o traballo desenvolto neste territorio, así como ampliar os seus coñecementos sobre os viños que elabora a denominación.

luns, 10 Setembro, 2018

Tres viños da Denominación de Orixe Rías Baixas recibiron este mediodía os premios logrados nas catas-concurso organizadas pola Casa de Galicia en Bilbao e pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi. A entrega efectuouse no Pazo de Mugartegui, sé do Consello Regulador de Rías Baixas, coa presenza de José David Fidalgo, organizador das catas, e de Eva Mínguez, directora de mercadotecnia de Rías Baixas.

luns, 20 Agosto, 2018

O Pazo de Mugartegui, sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, acolleu esta mañá a cata para as Distincións Gallaecia. A esta vixésimo primeira edición do certame que organiza a Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia presentáronse 222 marcas de Rías Baixas.

martes, 07 Agosto, 2018

O Túnel do Viño organizado polo Consello Regulador consolidouse como un referente dentro da LXVI Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas en Cambados. Foron moitos os amantes do viño que se achegaron entre o xoves 2 e o domingo 5 de agosto ao Salón de Congresos e Exposicións José Peña para degustar algunhas das máis de 161 marcas de 60 adegas expostas.

venres, 03 Agosto, 2018

58 marcas da Colleita 2017 participarán na XXX Cata Concurso Rías Baixas Albariño, que terá lugar no Salón Bazán do Parador de Cambados durante o sábado 4 e o domingo 5 de agosto, enmarcada dentro das actividades da LXVI Festa do Viño Albariño Denominación de Orixe Rías Baixas.

venres, 03 Agosto, 2018

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas inaugurou este mediodía o seu Túnel do Viño e as Catas Temáticas no Salón José Peña de Cambados, dentro da programación da LXVI Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas. Ao acto de apertura acudiron o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo; o secretario xeral da entidade, Ramón Huidobro; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, entre outros.

xoves, 02 Agosto, 2018

O Consello Regulador prevé distribuir ata 35.000 copas para a LXVI Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas, que se celebrará desde hoxe e ata o domingo en Cambados. Así o indicou o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, que participou este mediodía na inauguración oficial desta cita. Nese mesmo momento abriron no Paseo da Calzada as 42 casetas onde 44 adegas da denominación de orixe amosan as súas elaboracións ao público. As casetas pechan ás tres da madrugada e o sábado o horario prolóngase media hora máis.

luns, 30 Xullo, 2018

Tres representantes da importadora rusa SIMPLE visitaron esta mañá a D.O. Rías Baixas en busca de novas marcas para o seu portfolio. Os catadores valoraron 77 viños hoxe no Pazo de Mugartegui. A importadora busca viños de Rías Baixas dun segmento medio-alto que aínda non estean presentes en Rusia.

xoves, 26 Xullo, 2018

20 de xullo de 2018.- Unha trintena de adegas da D.O. Rías Baixas participaron esta mañá nunha xornada sobre mercados exteriores celebrada no Pazo de Mugartegui. As dúas directoras de contas de Gregory+Vine, Natasja Mallory e Trish Heywood, presentaron os resultados da campaña de promoción en Estados Unidos, así como o avance de actividades previstas para os vindeiros meses. Pola súa parte, o director xeral do Observatorio Español del Mercado del Vino, Rafael del Rey, falou sobre “Evolución e tendencias dos mercados do viño. O viño branco de calidade”.

venres, 13 Xullo, 2018

13 de xullo de 2018.- A XXVI Feira do Viño do Rosal reunirá esta fin de semana os amantes dos viños de Rías Baixas na Praza do Calvario. A celebración contará con nove casetas pertencentes a adegas de Rías Baixas, enclavadas na subzona do Rosal, que permanecerán nese espacio entre o 13 e o 15 de xullo.

O acto de inauguración terá lugar este venres ás 20:00 horas na propia praza que acolle a actividade. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas estará representado polo seu presidente, Juan Gil de Araujo.

Páxinas