Volver

29 de Novembro

SANTO DOMINGO RÉNDESE ANTE OS VIÑOS DE RÍAS BAIXAS

Os viños de Rías Baixas están entre os preferidos polo consumidor dominicano. E é que en poucos anos este país escalou ata a duodécima posición na clasificación de exportación desta Denominación de Orixe, crecendo no exercicio 2022 un 73,49% con respecto ao ano anterior. Non é de estrañar que 15 adegas da denominación con 20 marcas participasen onte martes en Santo Domingo nun evento deseñado para 150 prescritores, entre os que se atopaban os máis influentes do sector vinícola de República Dominicana. Ata alí desprazáronse o secretario xeral e a directora de márketing do Consello, Ramón Huidobro e Eva Mínguez, quen estivo arroupados polo Embaixador de España, Antonio Pérez-Hernández e Torra, xunto con persoal da súa Oficina Económica e Comercial que se encargou da organización da devandita actividade.

Esta é a terceira vez que este Consello Regulador organiza unha actividade promocional en Santo Domingo, a primeira foi no ano 2021. O afamado chef dominicano Erik Malmsten do restaurante O.DETTE elaborou un exquisito menú de gastronomía internacional composto de 6 estacións que acompañaron aos viños da D.O. Rías Baixas. Un evento no que participaron catadores, importadores, distribuidores, directores das asociacións dominicanas, medios especializados e winelovers,

Comercialización

Os datos falan por si sós, en 2010 exportábanse a República Dominicana case 16.000 litros, mentres que en 2022 xa se aproximaban aos 163.000 litros, multiplicando por 10 a cifra de 2010 e demostrando a gran proxección dos viños de Rías Baixas en República Dominicana.