Volver

06 de Xuño

Seis relevantes prescritores do Reino Unido visitas estes días a D.O. RÍAS BAIXAS

Entre eles está un catador galego afincado en Edimburgo que é Embaixador dos Viños Españois

Seis prescritores de Reino Unido visitan estes días a Denominación de Orixe Rías Baixas. Sussy Atkins, Fiona Beckett, Sarah Marsh, James Viner e o galego afincado en Edimburgo Miguel Crunia son destacados profesionais do sector de Reino Unido. De feito, catro son importantes e premiados escritores do viño, mentres que Miguel Crunia é catador, Embaixador do Viño Español e escritor.

O obxectivo desta viaxe é coñecer o territorio de Rías Baixas, descubrir de primeira man o traballo que están a levar a cabo as adegas, así como ampliar os seus coñecementos sobre os viños que se elaboran nesta Denominación de Orixe. O percorrido comezou onte martes cun percorrido por diferentes adegas na subzona do Salnés, xornada que se completou cunha travesía en barco pola Ría de Arousa. Tamén visitarán outras subzonas como Condado do Tea e O Rosal. Esta viaxe, no que coñecerán un total de oito adegas de diferentes subzonas, finalizará o xoves pola tarde.

Miguel Crunia, galego afincado en Edimburgo desde hai 10 anos, destaca a importancia destas visitas que é o que marca a diferenza ao vender viño: “estar na Denominación de Orixe e ver como inflúe cada subzona no viño de Rías Baixas”. Define Rías Baixas como un denominador común: “pero cunha realidade máis concreta (subzonas, identidade…) que descobres ao falar coas adegas”. Esta Denominación de Orixe é moi relevante no mercado de Reino Unido, como explica o catador galego: “a súa evolución é incrible, conta con viños de alta expresión –no apartado premium- moi ben asentados”. Desta visita á Denominación de Orixe destaca “a importancia da viticultura para o resultado final, o respecto á sustentabilidade a través de prácticas que respectan o medio ambiente”.

En 2022, 79 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas exportaron a Reino Unido, das cales 39 adegas participan no plan promocional deste Consello Regulador. Segundo explica Miguel Crunía, “os viños de Rías Baixas están moi implantados no mercado escocés, atópalos en todas as cartas dos restaurantes. De feito, o consumidor final sabe que son galegos pero quizá o novo reto é dar maior visibilidade á Denominación de Orixe Rías Baixas”. Para o consumidor de Reino Unido a fortaleza estes viños atópase en que son “crips”, viños brancos limpos, frescos con ese toque de acidez. Para Miguel Cruina, que hai dous anos que montou unha tenda on-line de viños, unha empresa distribuidora e é Embaixador dos viños de Rías Baixas, ter algunhas Albariño Rías Baixas na súa portfolio é un “éxito asegurado”.

Segundo mercado exterior:

Reino Unido é o segundo destino dos Rías Baixas no estranxeiro. As vendas a ese país representan preto do 20%. Por iso, o Consello Regulador conta cun Plan de Promoción específico neste país. Ademais das visitas de prescritores, tamén se poñen en marcha outro tipo de accións como catas específicas, encontros con profesionais do sector, showrooms, participación na London Wine… Na actualidade, das 181 adegas adscritas a esta denominación 109 atópanse xa en plans de exportación, máis dun 56%. Destas, 84 empresas exportan os seus viños a Reino Unido, segundo mercado internacional para os viños de Rías Baixas, con 1.783.633,74 litros vendidos no último exercicio.

Participantes:
Susy Atkins, revista The Telegraph e Delicious. É unha galardoada escritora de viños, autora de varios libros sobre viños e escritora dunha columna regular en The Telegraph e a revista Delicious.
Fiona Beckett, escritora de viño en The Guardian. É unha galardoada escritora de comida e viño. Está considerada unha das principais expertas do mundo en maridaxe, é columnista de viño de The Guardian. Tamén é editora e colaboradora da revista de viños Decanter, así como correspondente de viños de National Geographic Traveler Food e colaboradora de Club Oenologique. Sarah Marsh é Master of Wine, escritora de viños, crítica de viños, comunicadora de viños e enóloga (en certa medida en Borgoña). Escribe artigos para The World of Fine Wine. James Viner, escritor de viños no Teimpo Tumbridge Wells, é correspondente de viños en Kent e Devon, sobre todo de español, tamén doutros, para The Times of Tunbridge Wells. Ademais é redactor publicitario dos Decanter World Wine Awards, a competencia de viños máis grande do mundo. Miguel Crunia, Embaixador Español do Viño, catador e autor. Actualmente vive en Edimburgo e é orixinario de Galicia. É catador de formación, educador de viños españois e presidente da Asociación Española de Catadoras (Reino Unido). Actualmente está a escribir un libro sobre os viños galegos.