9 de agosto de 2024.- Tim Atkin, galardonado escritor de vinos e Master of Wine procedente do Reino Unido, converteuse nunha visita habitual da D.O. Rías Baixas, fiel ao seu entusiasmo pola variedade albariño: “encántame esta variedade, é unha das mellores do mundo para elaborar vinos brancos”, asegura. Este é o tercer ano que visita a Denominación de Orixe en xullo, neste caso a finais de mes durante unha semana. O obxectivo para Tim Atkin é “profundizar no seu coñecemento, no terruño, nos diferentes sistemas de conducción da zona, falar cos profesionais… Por eso dedicou tanto tiempo a coñecer esta Denominación, para aprender e entender. E comprendeu que cada ano nas Rías Baixas é un mundo coas súas particularidades”.
Esta nova visita permitiulle a Tim Atkin coñecer as cinco subzonas: “estiven por primeira vez en Ribeira do Ulla e en Soutomaior, que ata a fecha non as coñecía”. Durante esa semana, na que profundizou nos viños de Rías Baixas, puido visitar 36 bodegas, das cuales unhas 10 eran novas para él, así como ver ’in situ’ o estado no que se atopan os diferentes viñedos das cinco subzonas da D.O. Rías Baixas.
Esta visita e a cata que protagonizou na sede do Consello Regulador serviu tambén a Tim Atkin para probar a Añada 2023, calificada como “Moi Boa”. “Gústame esta añada. Foi un ano con complicaciones que saliu ben. Os enólogos saben traballar as súas variedades autóctonas. Están vivindo un bo momento. Estamos ante unha rexión e unha variedade con futuro que ten boa imaxen e cuxos precios son bos para que os productores poidan vivir do seu traballo”, añade este Master of Wine inglés. Un dos momentos centrais desta viaxe foi a cata organizada na sede do Consello Regulador, na que participaron 47 marcas de 35 bodegas da denominación. Destes vinos, 21 pertenecían á añada 2023, 9 á 2022, 3 á 2021 e un ás de 2019 e 2018. Os doce vinos restantes catados por Tim Atkin estaban na categoría de elaboracións especiais.
O mercado de Reino Unido ocupa a segunda posición das exportacións dos vinos de Rías Baixas, cun volume de 1.396.613,37 litros vendidos no exercicio de 2023 e cun ambicioso plan de promocional. De feito este ano xa se recibiu a visita de seis prescriptores británicos a mediados do mes de xuño.
Tim Atkin
Atkin é un galardonado escritor de vinos e Master of Wine con 35 años de experiencia. Escribe para varias publicacións, incluíndo Harpers, Decanter, The World of Fine Wine, Gourmet Traveller Wine e The Drinks Business e é un dos Tres Hombres do Viño. Tamén é copresidente do International Wine Challenge e gañou máis de 30 premios de periodismo e fotografía.