Volver

30 de Xullo

Tres representantes da máis importante importadora rusa buscan viños da D.O. Rías Baixas

30 de xullo de 2018.-  Tres representantes da importadora rusa SIMPLE visitaron esta mañá a D.O. Rías Baixas en busca de novas marcas para o seu portfolio. Os catadores valoraron 77 viños hoxe no Pazo de Mugartegui. A importadora busca viños de Rías Baixas dun segmento medio-alto que aínda non estean presentes en Rusia.

Os tres representantes puideron constatar a calidade que precede a estes viños brancos da D.O. Rías Baixas, así como profundizar nos seus coécementos destas e doutras elaboracións, das cuales chamaron especialmente a súa atención os viños sobre lías. A cata cumpriu todas as expectativas, xa que segundo as súas declaracións atoparon marcas que a priori poden encaixar no seu portfolio.

Rusia é un mercado potencial para a Denominación de Orixe. A súa evolución ano tras ano desde 2008 é moi positiva. De feito, en 2017 as exportacións a Rusia acadaron los 89.382,50 litros, un 143,09% con respecto ao ano anterior. A directora de marketing, Eva Mínguez, explicou que “Rusia é un mercado potencial moi interesante para os nosos viños, aínda que sexa un mercado de tintos, no que como mostran as cifras de exportación imos gañando cota de mercado ano a ano”. Precisamente para a directora de marketing accións como esta “axudan a  que pouco a pouco nos vaiamos facendo oco nese mercado”

SIMPLE é unha empresa que factura uns 140 millóns de euros anuais e conta cun plantel de 300 persoas, o que a converte na maior empresa importadora rusa que xa conta no seu portfolio con importantes viños españois doutras denominacións de orixe aos que queren sumar referencias de Rías Baixas. Nesta xornada de traballo no Pazo de Mugartegui estiveron Sandro Khatiashvili, director de proxectos e Cabaleiro do Viño Español, que estivo acompañado por Elena Yakovleva, manager de categoría de viños españois e por Jania Cardoso, manager de produto.