Volver

04 de Decembro

Un viño da D.O. Rías Baixas situase entre os 30 mellores do mundo, segundo o International Wine Challenge

Os viños de Rías Baixas recibiron preto de medio centenar de premios no prestixioso concurso International Wine Challenge ( IWC). Esta Denominación de Orixe foi a máis premiada entre as galegas.

Dos 48 galardóns obtidos polos viños da D.O. Rías Baixas, un monovarietal de albariño foi recoñecido como o mellor branco de España. Deste xeito, inclúese na listaxe dos 30 mellores viños do mundo, de acordo co xurado do IWC.

Pola súa banda, as medallas de ouro leváronllas 4 viños -que alcanzaron entre 95 e 100 puntos-, mentres que 15 recibiron a Medalla de Prata -cunha puntuación de entre 90 e 94-. O palmarés complétase con 9 Rías Baixas que se catalogaron como viños Menciones de Recomendación ( Commended Wine Winner).
Máis de 200 xuíces expertos

O International Wine Challenge é unha das maiores competicións internacionais do sector. De acordo coa propia organización, as rigorosas avaliacións dos viños participantes baséanse en “a súa fidelidade ao estilo, a súa rexión e a súa colleita”. Ademais, “cada gañador dunha medalla cátase polo menos en tres ocasiones distintas por un mínimo de 12 xuíces diferentes, incluídos Masters of Wine”.

Nesta 37 edición participaron máis de 200 expertos en viños do mundo procedentes de 23 países. Entre eles atópanse expertos e persoas de referencia do sector, ademais de responsables de compras e comerciais e Masters of Wine. Presentáronse a concurso viños procedentes de máis de medio centenar de países produtores.