| |
| O PLENO DO CONSELLO REGULADOR DO D.O RÍAS BAIXAS DEBATE O CARÁCTER EXCEPCIONAL DA PRESENTE CAMPAÑA DE VENDIMA - 03/09/2010 |
| Os estudos analizados polo pleno do Consello Regulador coinciden en destacar as excepcionais perpectivas de produción que se esperan para a vendima deste ano, favorecidas por un bo ciclo vexetativo da uva e unhas excelentes condicións climáticas que fan esperar moi bos resultados para a presente campaña. |
| |
| OS VIÑOS DO D.O RÍAS BAIXAS PROTAGONIZARON UNHA CATA NO CONCURSO INTERNACIONAL MUNDUS VINI DE ALEMAÑA - 30/08/2010 |
| O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas tomou parte na celebración do Gran Permio Internacional do Viño Mundus Vini, que se celebrou na cidade alemá de Neustadt a pasada fin de semana. Considerado o maior concurso vinícola recoñecido internacionalmente, a participación desta denominación de orixe en Mundus Vini desenvolveuse na mañá do domingo e consistiu nunha cata-presentación dos viños Rías Baixas. |
| |
| UN TOTAL DE 20 ADEGAS PARTICIPAN NA FESTA DO VIÑO DO CONDADO NA SÚA LI EDICIÓN - 26/08/2010 |
| O Castelo de Dona Urraca acolle, un ano máis, a celebración da Festa do Viño do Condado, que este ano chegará á súa LI edición durante os próximos 27, 28 e 29 de agosto. Organizada polo Concello de Salvaterra do Miño en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, a celebración reunirá a 20 adegas adscritas a esta denominación de orixe que exhibirán os seus mellores viños na subzona Condado do Tea, pertencente á D.O Rías Baixas. |
| |
| SEÑORÍO DE RUBIÓS FAISE COA MEDALLA DE OURO DA XXII CATA-CONCURSO RÍAS BAIXAS ALBARIÑO DE CAMBADOS - 02/08/2010 |
| Señorío de Rubiós, da adega Coto Redondo, alzouse este ano coa Medalla de Ouro da XXII Cata-Concurso Rías Baixas Albariño 2009, celebrada este fin de semana no Parador de Cambados no marco da LVIII Festa do Rías Baixas Albariño. Unha cata-concurso na que participaron un total de 56 adegas amparadas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. |
| |
| INAUGURADA A LVIII FESTA DO ALBARIÑO DE CAMBADOS, QUE REÚNE A 43 ADEGAS AMPARADAS POLA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS - 28/07/2010 |
| O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, foi o encargado de inaugurar esta mañá a LVIII Festa Rías Baixas Albariño de Cambados, que se celebrará nesta cidade pontevedresa ata o vindeiro domingo 1 de agosto. Un acto ao que acudiron un gran número de visitantes e un gran número de autoridades, entre as que se atopaban o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o presidente da D.O. Rías Baixas, José Ramón Meiriño; e o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, entre outras autoridades e alcaldes da zona. |
| |