Acceso Asociados
  Usuario
  Clave
  Lembrar contrasinal           
  Rexistrarse
 
  Gabinete de Prensa
  Usuario
  Clave
  Lembrar contrasinal           
  Rexistrarse
 
 
 
 
 
 
 
nota legal | ligazóns | mapa web | contacto
 
Consello Regulador / Identidade corporativa
 
O nacemento da nova identidade corporativa da D. O. RÍAS BAIXAS parte da análise da etiquetaxe anterior. Isto é fundamental para que a liña de comunicación sexa consistente. A través dos seus elementos, amosamos a súa evolución:

Os símbolos existentes na etiqueta anterior eran tres: a representación gráfica das «RÍAS BAIXAS» enmarcada nunha soga mariñeira, un escudo e acios de uvas e adornos de follas.

A representación gráfica das palabras RÍAS BAIXAS, é dicir, a costa das Rías Baixas, considérase conceptualmente un símbolo difícil de mellorar, ademais de ser o elemento máis evidente da contra-etiqueta anterior.

O resto dos elementos, o escudo e o adorno de follas e uvas desaparecen.

As cores predominantes "azul, verde e terra" mantéñense por pareceren as máis axeitadas. O azul, representativo do mar; o verde, porque se identifica con Galicia, e a cor terra, onde crecen os viñedos.

A tipografía, moi diferenciadora e con personalidade, mantense. Concluíndo, a representación gráfica das palabras «Rías Baixas», quer dicir, a súa costa, convértese no elemento case único do deseño. Quítaselle a soga, que a encerraba e lle daba un carácter local, e déixase aberta como testemuña da internacionalización dos viños da D. O. RÍAS BAIXAS.

Poténcianse os dous valores máis positivos da marca: «a capacidade de emoción e de evocación que ten o mar» e o «toque emocional da zona» como valor engadido dende o punto de vista da comunicación.

O resultado foi unha etiqueta moito máis moderna, sen elementos superfluos que confundan pero que, á vez, aproveita e potencia todo o coñecemento da marca xa existente.

 
Español | Galego | Inglés Consello Regulador D.O. Rías Baixas • Palacio de Mugártegui • Praza de Pedreira, 10 • 36002 Pontevedra
Tel._ 986 854850 • Fax_ 986 864546 • E-mail_ consejo@doriasbaixas.com