Acceso Asociados
  Usuario
  Clave
  Lembrar contrasinal           
  Rexistrarse
 
  Gabinete de Prensa
  Usuario
  Clave
  Lembrar contrasinal           
  Rexistrarse
 
 
 
 
 
 
 
nota legal | ligazóns | mapa web | contacto
 
nota legal
 
Información da compañía

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas constitúese como un órgano desconcentrado da administración autonómica Xunta de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural con CIF n.º Q – 8655030 – H domiciliada en Pontevedra, Praza da Pedreira número 10, Edificio Pazo de Mugartegui 36002. O teléfono de atención ao público é o 986 85 48 50 e a caixa de correo electrónico xeral é consejo@doriasbaixas.com.

Obxecto da web

A Web do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas ten como obxectivo dar a coñecer o labor empresarial da compañía, as súas áreas de traballo, os proxectos que realizou e a súa carteira de clientes, que pon a disposición de todos os usuarios de Internet.

Política de confidencialidade e privacidade

Todos os dereitos reservados, os textos, imaxes, sons, animacións, vídeo e resto de contidos incluídos neste website son propiedade do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Calquera transmisión, distribución, reprodución, comunicación pública, posta a disposición, transformación, manipulación ou almacenamento, total ou parcial, require o previo e expreso consentimento por escrito do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, consejo@doriasbaixas.com, agás cando se indique o contrario. Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de ligazón que dende páxinas de terceiros dean acceso directo ás páxinas do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Os logotipos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, así coma os seus nomes comerciais, as súas marcas, envases e demais elementos susceptibles de propiedade industrial, están rexistrados por (son propiedade de) o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Este website pode conter dispositivos técnicos de ligazón(s) a páxinas externas sobre as cales o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas non se responsabiliza en ningún caso, nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado coas devanditas páxinas ou o seu acceso.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas non pode garantir a ausencia de virus informáticos nin de calquera outro compoñente ou condición prexudicial nas nosas páxinas Web ou nos servidores que as fan dispoñibles. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas exclúe, con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico español, calquera responsabilidade polos danos e perdas que acompañen a ou se deriven do uso destas páxinas Web. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas pode modificar sen previo aviso as características, especificacións e fotografías dos seus produtos, así coma calquera outra información aquí recollida, e esta non está suxeita a ningunha garantía de ningún tipo.

Toda a información e datos descritos no site foron extraídos de fonte fidedignas e refírense unicamente ao ámbito xeográfico do Estado español. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas pode modificar sen previo aviso calquera información aquí recollida e esta non está suxeita a ningunha garantía de ningún tipo. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas non é responsable de ningún dano directo ou indirecto que poida ocasionar a exactitude, veracidade ou exhaustividade da devandita información, ou o uso que dela se poida facer.

En ningún caso se entenderá que, polo acceso a este website, o usuario obtén licenza ou autorización para a utilización, máis alá do uso estritamente privado, de ningún contido, información ou servizo existentes no website, nin sobre ningún dereito relacionado con eles, especialmente os de propiedade intelectual e industrial.

O presente aviso legal réxese en todos e cada un dos seus extremos polas leis española.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas rersévase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa Web, da configuración e presentación desta e das condicións de acceso. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas resérvase a facultade de almacenar os enderezos IP dos usuarios que acceden ao sitio Web para a creación de estatísticas de acceso, coñecer os movementos dos usuarios e acumular información demográfica ampla no seu conxunto. Esta información é almacenada o tempo máximo que esixe a lei.

Política de protección de datos de carácter persoal

Mediante do seu currículo a consejo@doriasbaixas.com, vostede consinte e acepta expresa e inequivocamente que os seus datos persoais sexan incorporados e tratados nun ficheiro titularidade e responsabilidade do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para os efectos de poder eventualmente poñerse en contacto con Vostede agora ou no futuro, co obxecto de selección de persoal. Os datos recollidos só serán utilizados polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. O devandito ficheiro atópase inscrito no Rexistro Xeral da Axencia de Protección de Datos baixo o nome de [NOME BB.DD] con código de inscrición n.º [NÚMERO]. De conformidade con Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal («LOPD»), o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas infórmao de que poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas Praza da Pedreira, número 10, Edificio Pazo de Mugartegui 36002, Pontevedra, ou ao enderezo de correo electrónico consejo@doriasbaixas.com. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas comprométese, na utilización dos datos incluídos no ficheiro anteriormente referido, a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos consonte a finalidade do ficheiro, así como a dar cumprimento á súa obriga de gardalos e adoptar todas as medidas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido no Regulamento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, aprobado polo Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño. A remisión do seu currículo coas circunstancias persoais e profesionais implica a súa obriga de comunicar calquera alteración ou modificación das mesmas co fin de garantirlle ao titular do ficheiro que os devanditos datos se atopan en todo momento actualizados e, todo isto, sen prexuízo do seu dereito a revogar o consentimento outorgado ao respecto.
 
Español | Galego | Inglés Consello Regulador D.O. Rías Baixas • Palacio de Mugártegui • Praza de Pedreira, 10 • 36002 Pontevedra
Tel._ 986 854850 • Fax_ 986 864546 • E-mail_ consejo@doriasbaixas.com