Volver

23 de Abril

33 MARCAS DA D.O. RÍAS BAIXAS PROTAGONIZARON A CEA DO XXII CONCURSO INTERNACIONAL BACCHUS

Xa é unha cita habitual para a D.O. Rías Baixas a súa implicación no Concurso Internacional Bacchus, considerado o certame internacional de viños que se celebra en España e que este ano chegou ao seu vixésimo segunda edición. Un total de 30 marcas desta Denominación de Orixe protagonizaron onte a tradicional cea do certame organizado pola Unión Española de Catadores (UEC) na que participou o panel de cata nacional e internacional de Bacchus. Os catadores puideron probar diferentes elaboracións de Rías Baixas sobre todo das anadas 2022 e 2023, pero tamén algunhas anteriores como de 2018, 2019 e 2020.

A cita desenvolveuse no restaurante Sua By Triciclo, en Madrid. Contou coa presenza da directora de márketing do Consello Regulador, Eva Mínguez, quen felicitou á Unión Española de Catadores polo gran nivel que alcanzou o Concurso Internacional de Viños Bacchus, que sen dúbida axudará aos viños españois a alcanzar unha maior notoriedade no mundo. Mínguez Lobato tamén falou sobre a vocación de liderado que teñen os viños de Rías Baixas co gran potencial das súas variedades autóctonas e calidade destes viños atlánticos, así como a vocación de globalidad con presenza en máis de 70 mercados.

Entre os viños de Rías Baixas, os catadores puideron probar diferentes elaboracións sobre todo das anadas 2022 e 2023, pero tamén algunhas anteriores como de 2018, 2019 e 2020.

1.888 viños de 18 países

O XXII Concurso Internacional de Viños Bacchus celebrouse esta semana nas instalacións do Casino de Madrid. Un total de 1.888 viños procedentes de 18 países (España, Francia, Portugal, Eslovaquia, Rep. Checa, Chile, Bolivia, Perú, Italia, México, Uruguai, Arxentina, Brasil, Tunes, Australia e Alemaña) presentáronse a este certame, que está considerado como o de maior relevancia vitivinícola do país. Deste total, 78 marcas son da D.O. Rías Baixas. Unha delas foi premiada cun Gran Bacchus de Ouro, galardóns que se acaban de coñecer hoxe. O vindeiro martes daranse a coñecer o resto de premiados.

As mostras están a ser valoradas por un xurado composto por 103 catadores nacionais e internacionais, procedentes de 28 países (Moldavia, España, Perú, EEUU, Grecia, Portugal, Suecia, Arxentina, Francia, Tunes, Australia, Bolivia, Brasil, Eslovaquia, Suíza, Alemaña, Xeorxia, Italia, UK, Países Baixos, Polonia, Rep. Checa, Chile, Letonia, México, Turquía, Uruguai, China), para realizar a cata a cegas de todos os viños presentados a este certame enolóxico.

Promovido pola Unión Española de Catadores (UEC), este importante certame internacional está auspiciado pola Organización Internacional da Viña, a Federación Mundial de Grandes Concursos de Viños e Espirituosos (VINOFED), entre outras e conta co recoñecemento oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Os resultados deste certame daranse a coñecer a principios da próxima semana.