Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
15 de maio de 2019.- Setenta e nove marcas de 45 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas participan desde o luns ata o xoves en Vinexpo Burdeos 2018 dentro do stand do Consello Regulador, situado no pavillón do ICEX. Precisamente, o espazo que ocupan as 79 marcas de Rías Baixas está disposto como se dun túnel do viño se tratase, co claro obxectivo de que o profesional poida degustar as diferentes marcas con toda a información necesaria, grazas á ficha de cata que arroupa a cada botella.
Entre os viños presentes estes días en Vinexpo atópase un amplo abano das elaboracións que se realizan actualmente na denominación. Así, o profesional poderá catar desde viños elaborados sobre lías, con madeira, así como algún escumoso de calidade e selección de colleita. En canto ás colleitas atópanse 43 marcas de 2018, 25 pertencentes a 2017, cunha calificación fue “Moi Boa”, catro marcas de 2016, colleita calificada como “Excelente”, tres de 2011, así como unha de 2010.
A Denominación de Orixe é un expositor habitual en Vinexpo Burdeos, feira bienal, dirixida a visitantes profesionais e considerada un dos máis importantes salóns de viño e bebidas espirituosas a nivel mundial. Á participación do Consello Regulador hai que sumar a dalgunhas adegas que acoden cun stand propio ou dentro do posto do seu importador. As cifras falan por si soas: esta edición acollerá 2.000 marcas, conta con 40.000 visitantes profesionais procedentes de 150 países. Están presentes nesta cita ineludible co mundo do viño, o secretario xeral do Consello, Ramón Huidobro, e a técnica de mercadotecnia Rosa Martínez.
As exportacións na D.O. Rías Baixas representan o 28% das vendas totais dos seus viños, que en 2018 acadaron os 25.562.695 litros calificados, dos que 7.184.455,47 litros destináronse a uns setenta países durante o exercicio 2018. Destaca a súa presenza en Estados Unidos, Reino Unido, Porto Rico, Holanda, Alemaña, Irlanda, Canadá, México, Suecia e Bélxica, respectivamente.