Volver

20 de Marzo

A D.O. Rías Baixas, presente na feira Prowein cun espazo profesional de cata que acolle 108 marcas

20 de marzo de 2018.- A Feira Internacional de Viños e Bebidas Espirituosas ProWein convértese un ano máis nunha das citas indiscutibles da Denominación de Orixe Rías Baixas. No recinto feiral de Messe, en Düsseldorf (Alemania), atópanse por quinto ano consecutivo o director xeral e a xefa do departamento de marketing, Ramón Huidobro e Eva Mínguez.

Ubicado no pavillón internacional do ICEX, o posto do Consejo Regulador contou cun túnel do viño, un espazo de cata que acolle un total de 108 marcas da denominación. Un túnel no que os visitantes poden probar os 108 viños, pertencentes a 61 adegas, libre e comodamente. Ademais, o posto conta cun espazo ocupado por 16 adegas que acoden á feira como coexpositoras.

Profesionais de todo o mundo puideron participar nesta cita, desde o 18 de marzo ata hoxe. Trátase dunha das feiras máis relevantes do mundo, que move más de 55.000 visitantes procedentes de 130 países e que conta con máis de 6.500 expositores.

Mercado Alemán

Alemaña foi o terceiro mercado exterior máis importante dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas durante o exercicio de 2016. Exportáronse a ese país un total de 524.343,75 litros por un valor de 2.101.926,01 euros.

Ademais Alemaña conta cun plan promocional específico que este Consello Regulador desenvolve no país.