Volver

22 de Setembro

A D.O. Rías Baixas supera o ecuador da vendima con 28 millóns de quilos recollidos

22 de setembro de 2021.- A vendima está xa a pleno rendemento na Denominación de Orixe Rías Baixas. Despois das tormentas da pasada semana, a gran maioría das adegas da denominación xa comezaron a presente campaña dun modo ordenado. O director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, concreta que “tivemos que esperar un pouco debido á meteoroloxía pero se pode dicir que na denominación xa rebasamos o ecuador da vendima con 28 millóns de quilos de uva recollidos”.

As 179 adegas elaboradoras nesta campaña xa se atopan de cheo en labores de recollida da uva. “Á vista do óptimo estado de maduración da uva e da estabilidade atmosférica existente, a vendima xeneralizouse nas cinco subzonas”, indica Agustín Lago, quen asegura que “parece que se van cumprindo as cifras recollidas no Informe de Estimación de Colleita 2021, presentado polo Órgano de Control e Certificación da Denominación de Orixe Rías Baixas, e que teremos unha moi boa colleita, entorno aos 43,7 millóns de quilos de uvas”.

As subzonas máis madrugadoras foron as do Condado do Tea e O Rosal. Neste momento as adegas da denominación recollen as variedades brancas (levan 27.995.000 millóns de quilos) para logo dar paso ás tintas, das cales ata o de agora so se recolleron 5.000 kg.

Na presente campaña de vendima participan 179 adegas elaboradoras, así como un total de 5.046 viticultores que recollerán a uva nas 4.187 hectáreas de superficie produtiva da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Protocolo específico para veedores e persoal técnico

O Consello Regulador conta cun protocolo e unhas normas de prevención específicas contra a COVID-19 para os 24 veedores/auditores e para o persoal técnico implicados na presente campaña de vendima. Estas directrices establecen unha serie de medidas para garantir a seguridade do labor de auditoría desenvolta durante o proceso de recollida da uva coa intención de evitar, na medida do posible, os contaxios.

Ademais das normas xerais –uso obrigatorio de máscara, hixiene de mans e distancia mínima de seguridade interpersonal-, se establecen unha serie de especificidades relativas ás auditorías a realizar nas adegas inscritas e en viñedo. Veedores e adegas informan dos seus respectivos protocolos de actuación coa finalidade de que ambas partes respecten as directrices que neles se reflexan, optimizando, deste modo, o seu labor. Unhas tarefas de auditoría e control que se complementan coas de inspección desenvoltas pola Xunta de Galicia.