Volver

09 de Marzo

A Denominación de Orixe Rías Baixas suma e sigue ao alza coas súas exportacións no exercicio 2021

2021 deixou un resultado positivo no que se refire ás vendas dos viños de Rías Baixas, concretamente con cifras récord e crecementos importantes no apartado de exportación: 9.483.092  l. en volume (cun incremento do 16,97%) e 56.239.888 € (+27,43%) en valor. Estas cifras representan o 33,76% do total das vendas do conxunto das adegas durante o pasado exercicio, que por primeira vez na historia deste Consello Regulador as exportacións superan o 33%. Ademais, estes viños atlánticos foron postos no mercado por 109 adegas da denominación e adquiridos por máis de 70 países.

O número de botellas vendidas o pasado exercicio foron un total de 12.644.123 (hai que lembrar que o total de viño amparado por esta D.Ou. véndese embotellado). O prezo medio por foi de 5,93 €, superando así o prezo do ano anterior de 5,44€.

Superados os peores momentos do COVID-19, os aranceis en Estados Unidos e a incerteza do BREXIT, os mercados volven á normalidade e seguen a súa aposta polos viños da D.Ou. Rías Baixas. Aínda que Europa posiciónase como o primeiro comprador en canto a volume, América supéralle en valor.

Por mercados

Estados Unidos e Reino Unido, respectivamente, xa superan o limiar dos 2 millóns de litros. Completan os cinco primeiros destinos dos viños de Rías Baixas: Porto Rico, Irlanda, ambos con máis 500.000 litros, e Países Baixos. O  top ten continúa en Canadá, Alemaña, México, Suecia e Suíza. Destaca o incremento do volume en países como Suíza un 108,58%, tamén México cun 42,76%, Irlanda con 36,59, Países Baixos cun 22,25% e Estados Unidos cun 20,21%. Os aumentos en valor nestes países son aínda maiores, empezando por Suíza cun 140,99%, México cun 53,40%, Irlanda cun 33,88%, Países Baixos cun 32,19%, igual porcentaxe ten Estados Unidos.

Aínda que non se atopan entre os dez primeiros destinos, hai outros mercados que destacan pola súa traxectoria e que ocupan os seguintes postos: undécimo Rusia (+6,45%), duodécimo República Dominicana (73,49%) e décimo cuarto Xapón (28,12%).

Xa no exercicio 2021, o departamento de Marketing organizou accións promocionais en República Dominicana e Rusia. Estas actuacións manteranse durante este ano, excepto en Rusia, xunto a outras actividades en Países do Leste. Tamén se continuará traballando nos plans promocionais tradicionais nos principais destinos de exportación: Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Irlanda, Países Baixos, Canadá, México, Xapón e Suíza.