Volver

26 de Xuño

Calificación de “Moi Boa” para a Colleita 2018 da D.O. Rías Baixas

25 de xuño de 2019.- A Colleita 2018 da D.O. Rías Baixas foi calificada polo Pleno do seu Consello Regulador como “Moi Boa”. Así o anunciou hoxe o presidente desta Denominación de Orixe, Juan Gil de Araujo, durante o tradicional xantar de traballo cos medios de comunicación celebrado en Madrid.

A calificación foi ratificada na sesión do Pleno do pasado venres 21 de xuño. A decisión tomouse sobre a base dun informe técnico elaborado polo Órgano de Certificación e Control, que incluía datos relativos á vendimia de 2018, así como ás análises sensorial e fisicoquímica efectuados ata o pasado 31 de maio. Ademais, o documento apoiase en que máis do 50 % do viño elaborado desta añada xa foi calificado e, por tanto, valorado a través dos mencionados parámetros. De feito nos primeiros cinco meses de 2019 o vino calificado por esta denominación medrou un 1,7 % con respecto ao mesmo periodo do ano pasado, de xeito que a 31 de maio de 2019 se verificaron 13.177.444 litros, o que amosa que o mercado está respondendo moi satisfactoriamente a esta colleita.

Con respecto ás valoracións do panel de cata, o presidente do Consello Regulador destacou que a Colleita 2018 “nas fases visual e olfativa responde ás características propias dos vinos desta Denominación de Orixe: amarelo pallizo con tonos brillantes e limpos e con aromas cítricos, herbáceos e florais e tamén con matices froiteiros (mazá e froita de óso)”.

Ciclo vexetativo

A pesar de que 2018 foi un ano de elevadas precipitacións, cunha primavera fría e chuviosa, o ciclo vexetativo da vide “tivo unha excelente brotación”. A meteoroloxía inestable levou a un retraso fenolóxico a finais de xullo de entre sete e dez días con respecto a un ano normal. A situación viuse estabilizada coa “gran estabilidade meteorolóxica, con tempo seco e solleiro nos meses de agosto e setembro, o que permitiu un envero e unha colleita en moi boas condicións” e nas datas habituais. O presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, describiu esta última etapa como “unha vendima tranquila e sosegada, que permitiu ás adegas o luxo, non sempre posible en Galicia, de ir vendimando cada parcela no momento desexado segundo o propósito de elaboración”.

Si ben se estimaba unha produción global de 36 millóns de quilos de uva, finalmente a cifra estableceuse nos 38,5 millóns de quilos.

Viño calificado

Segundo o informe do Órgano de Certificación e Control do Consello Regulador, a 31 de maio deste ano a D.O. Rías Baixas xa verificara 13.177.444 litros (de novembro de 2018 a maio de 2019). Esta cantidade supón un 50% do viño elaborado na colleita 2018, que ascendeu a 26.399.654 litros.  Na actualidade máis do 26% destes viños destínase aos mercados exteriores.

Túnel do viño en Valencia

Tras esta presentación, o Consello Regulador ofrecerá este xoves 27 de xuño un Túnel de Presentación da Colleita 2018 en Valencia. Máis concretamente, desenvolverase no Salón A Exposición do hotel The Westin Valencia.

Os profesionais do sector terán a oportunidade de degustar ata 90 marcas pertencentes a 49 adegas adscritas a esta Denominación de Orixe. O horario de apertura do Túnel de Presentación da Colleita 2018 será de 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas.