Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
25 de xuño de 2019.- A Colleita 2018 da D.O. Rías Baixas foi calificada polo Pleno do seu Consello Regulador como “Moi Boa”. Así o anunciou hoxe o presidente desta Denominación de Orixe, Juan Gil de Araujo, durante o tradicional xantar de traballo cos medios de comunicación celebrado en Madrid.
A calificación foi ratificada na sesión do Pleno do pasado venres 21 de xuño. A decisión tomouse sobre a base dun informe técnico elaborado polo Órgano de Certificación e Control, que incluía datos relativos á vendimia de 2018, así como ás análises sensorial e fisicoquímica efectuados ata o pasado 31 de maio. Ademais, o documento apoiase en que máis do 50 % do viño elaborado desta añada xa foi calificado e, por tanto, valorado a través dos mencionados parámetros. De feito nos primeiros cinco meses de 2019 o vino calificado por esta denominación medrou un 1,7 % con respecto ao mesmo periodo do ano pasado, de xeito que a 31 de maio de 2019 se verificaron 13.177.444 litros, o que amosa que o mercado está respondendo moi satisfactoriamente a esta colleita.
Con respecto ás valoracións do panel de cata, o presidente do Consello Regulador destacou que a Colleita 2018 “nas fases visual e olfativa responde ás características propias dos vinos desta Denominación de Orixe: amarelo pallizo con tonos brillantes e limpos e con aromas cítricos, herbáceos e florais e tamén con matices froiteiros (mazá e froita de óso)”.
Ciclo vexetativo
A pesar de que 2018 foi un ano de elevadas precipitacións, cunha primavera fría e chuviosa, o ciclo vexetativo da vide “tivo unha excelente brotación”. A meteoroloxía inestable levou a un retraso fenolóxico a finais de xullo de entre sete e dez días con respecto a un ano normal. A situación viuse estabilizada coa “gran estabilidade meteorolóxica, con tempo seco e solleiro nos meses de agosto e setembro, o que permitiu un envero e unha colleita en moi boas condicións” e nas datas habituais. O presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, describiu esta última etapa como “unha vendima tranquila e sosegada, que permitiu ás adegas o luxo, non sempre posible en Galicia, de ir vendimando cada parcela no momento desexado segundo o propósito de elaboración”.
Si ben se estimaba unha produción global de 36 millóns de quilos de uva, finalmente a cifra estableceuse nos 38,5 millóns de quilos.
Viño calificado
Segundo o informe do Órgano de Certificación e Control do Consello Regulador, a 31 de maio deste ano a D.O. Rías Baixas xa verificara 13.177.444 litros (de novembro de 2018 a maio de 2019). Esta cantidade supón un 50% do viño elaborado na colleita 2018, que ascendeu a 26.399.654 litros. Na actualidade máis do 26% destes viños destínase aos mercados exteriores.
Túnel do viño en Valencia
Tras esta presentación, o Consello Regulador ofrecerá este xoves 27 de xuño un Túnel de Presentación da Colleita 2018 en Valencia. Máis concretamente, desenvolverase no Salón A Exposición do hotel The Westin Valencia.
Os profesionais do sector terán a oportunidade de degustar ata 90 marcas pertencentes a 49 adegas adscritas a esta Denominación de Orixe. O horario de apertura do Túnel de Presentación da Colleita 2018 será de 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas.