Volver

07 de Febreiro

Catorce adegas da D.O. Rías Baixas amosan unha trintena de marcas no Túnel do Viño da Feira Xantar

7 de febreiro de 2019.- A Denominación de Orixe Rías Baixas está presente na vixésima edición do Salón Xantar con 14 adegas que participan cunha trintena de marcas amparadas. Todas estas referencias pódense degustar ata o domingo 10 de febreiro no Túnel do Viño habilitado nas instalacións de Expourense.

Paralelamente, os viños de Rías Baixas tamén son protagonistas de distintas actividades organizadas pola Consellería de Medio Rural durante os días de celebración desta Feira Internacional de Turismo Gastronómico. Entre as propostas que se ofrecen ao numeroso público asistente atópanse desde catas comentadas ata maridaxes con distintos tipos de de propostas gastronómicas.