Volver

06 de Abril

Catro prescritores de Estados Unidos e unha canadiense visitan estes días a D.O. Rías Baixas

Catro prescritores de Estados Unidos e unha de Canadá visitan esta semana a Denominación de Orixe Rías Baixas. David  Yoshida, Élyse  Lambert, Jim  Bube,  Courtney  Schiessl e Erik  Segelbaum, son destacados profesionais especializados do sector. De feito, tres deles teñen o título  Master  Sommeliers. Ademais, proceden de diferentes estados norteamericanos (Chicago,  Denver, Nova York e San Francisco) nos que os viños de Rías Baixas contan cunha importante presenza. Ademais, estes profesionais veñen co obxectivo de descubrir o traballo desenvolvido neste territorio, así como ampliar os seus coñecementos sobre os viños que aquí se elaboran. Como eles explicaron buscan: Empaparse da cultura do viño de Rías Baixas vendo ‘in situ’ as súas adegas, viñedos, coñecendo os produtos de man das súas  elaboradores, así como acompañalos da gastronomía propia da zona.

O percorrido comezou o luns cunha breve charla introdutoria e unha cata cunha vintena de marcas na sede do Consello, o Pazo de  Mugartegui. Unha vez finalizada esta primeira toma de contacto partiron rumbo á subzona de  Val  do Salnés onde visitaron o emparrado propio desta denominación, así como as instalacións de varias adegas. A primeira xornada da visita destes prescritores completouse cun percorrido en barco pola Ría de Arousa.  O grupo continuou onte martes na subzona do Rosal, onde puido coñecer tres adegas e finalizou a xornada cunha visita ao Monte de Santa Tegra. Para eles poder coñecer de primeira mans as grandes posibilidades da variedade albariño está a ser un verdadeiro privilexio. Probar desde viños novos ata viños de pago ou de crianza sobre leas… Viños que poden ser para un consumidor novel ou para un máis experimentado ou  Premium.

 

Unha denominación pequena cunha importante presenza en EE.UU.

O que máis sorprendeu a estes profesionais é que a D.O. Rías Baixas é unha zona vinícola pequena en canto a hectáreas e produción se se compara con outras áreas da península. Precisamente impresionoulles moito a fortaleza do traballo que fai este sector tan pequeno (en produción e superficie) en Estados Unidos, onde os viños son moi coñecidos e posúen unha moi boa imaxe. Polo bo desenvolvemento deste proxecto, desta marca paraugas, felicitan á Denominación.

Hoxe que será o último día visitarán as subzonas do Salnés e O Condado  do  Tea, nas que coñecerán outras tres adegas e os seus viñedos. Unha viaxe que seguro será de gran utilidade para estes profesionais, algúns deles vinculados co traballo desta Denominación en Estados Unidos.

 

Primeiro mercado exterior

Estados Unidos é o primeiro destino dos Rías Baixas no estranxeiro. As vendas a ese país representan o 28,13€. Por iso, o Consello Regulador conta cun Plan de Promoción específico neste país, desde o ano  XXX. Ademais das visitas de prescritores, tamén se poñen en marcha outro tipo de accións como catas específicas, encontros con profesionais do sector, participación en feiras…

Na actualidade, das 181 adegas adscritas a esta denominación 109 atópanse xa en plans de exportación, máis dun 56%. Destas, 85 empresas exportan os seus viños a Estados Unidos, principal mercado internacional para os viños de Rías Baixas con  2.667.660 litros, un incremento do 20,21% no último exercicio; e 38 a Canadá con 318.335,99 l.

 

Participantes

David Yoshida. Tras un breve período de traballo na venda de viños polo miúdo, pasou a ocupar un posto de catador no grupo  AvroKO na cidade de Nova York. A súa curiosidade levoulle a traballar en viñedos e adegas de  Walla  Walla, Bierzo e  Chinon. Desde que completou o exame de  Master Sommelier en 2017, realiza a súa actividade profesional nunha  startup de venda de viños en liña, Pollux Wine. Divide o seu tempo entre Berkeley, CA e  Honolulu, HI, onde está a traballar co chef Jason  Kiyota para abrir  Threadfin  Bistro. Coñece os viños de Rías Baixas, porque dirixiu un seminario destes viños para  GuildSomm.com. Na actualidade, David forma parte do Consello de Administración da Court of Master Sommeliers, Américas, e da Aloha Wine  Foundation.

Élyse Lambert. Graduouse en xestión hostaleira no prestixioso Institut de tourisme et d’ hôtellerie du Québec (ITHQ) en 1998 e como Sommelier en L’École Hôtelière deas Laurentides en 1999. En 2015, tras unha distinguida carreira na industria do viño, converteuse na primeira  quebequense, cuarta persoa canadense e segunda muller canadense en obter o título de  Master  Sommelier. Actualmente traballa como consultora de catadoras e segue compartindo a súa paixón no programa matinal de Radio-Canadá,  Medium  Large e como columnista de viños no  Journal de Montreal. Élyse foi unha voz das albariño Rías Baixas integral nos últimos anos, dirixindo múltiples seminarios sobre estes viños atlánticos en Canadá e dándoos a coñecer aos catadores de Quebec.

Jim Bube. Es el director Nacional de Vinos del grupo de restaurantes Hogsalt, un grupo de restauración aclamado a nivel nacional. Como Master Sommelier, quedó en segundo lugar en el concurso nacional Top|Somm 2016 y ganó el concurso GuildSomm Online 2017.Además,  es el tesorero del grupo de cata Second City Sommeliers y anteriormente fue director de educación de Heritage Wine Cellars en Illinois y director regional de ventas de Frederick Wildman & Sons.

Courtney Schiessl. Periodista especializada en vinos, sumiller y consultora residente en Nueva York, con una amplia experiencia que abarca muchas facetas de la industria del vino. Es la editora ejecutiva de SevenFifty Daily y Beverage Media Group. Sus artículos han aparecido en publicaciones como GuildSomm, Wine Enthusiast, ESPN The Magazine, Wine-Searcher, Tasting Panel Magazine y The SOMM Journal, entre otras. Courtney es sumiller, compradora de vinos y profesional de la hostelería con experiencia en algunos de los mejores restaurantes de Nueva York. Anteriormente fue la editora principal de inHouse y la editora de catas de VinePair. Courtney también ha ocupado puestos en la venta de vinos al por menor (Vine Wine), en la educación del consumidor (New York Vintners), en las relaciones públicas y el marketing (Cornerstone Communications). Es asistente del Director de Bebidas en Corkbuzz Wine Studio en Union Square y se responsabiliza del área de formación del personal y del programa de sesiones formativas en vino para consumidores de Corkbuzz. Cuenta con una amplia experiencia en el sector, visitando diversas regiones vitícolas como Alemania, Francia, Georgia, Bulgaria y también dentro de Estados Unidos.

Erik Segelbaum. Fue nombrado en 2020 como una de las personas con más influencia en la industria en la famosa lista Wine Enthusiast 40 Under 40 y un año antes se le nombro Sommelier del Año por la revista Food & Wine. Tiene el título de Sumiller Avanzado. Además, fue director corporativo de vinos y bebidas de Starr Restaurants. En la actualidad es periodista, educador y director de innovación de la consultora de hostelería y eventos privados SOMLYAY. Erik ha aparecido en numerosas ocasiones en publicaciones internacionales de vino, como Sommelier Journal, Beverage Media, SevenFifty Daily y más de diez menciones recientes en Wine Spectator, incluyendo un artículo dedicado. Recientemente ha ganado un concurso internacional de sumilleres en Francia, compitiendo con 11 sumilleres franceses y 9 estadounidenses. Su trabajo de consultoría toca muchos niveles de la industria del vino en los Estados Unidos.