Volver

11 de Setembro

CINCO PRESCRITORES DE ESTADOS UNIDOS EXPERIMENTAN A VENDIMA 2025 NA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

A vendima en Rías Baixas atrae a amantes do viño e a profesionais do sector. Tanto é así que esta semana cinco prescriptores procedentes de Estados Unidos percorrérona polas súas diferentes subzonas. A súa viaxe comenzou na sede do Consello Regulador, onde participaron nunha charla de introducción a esta rexión vitivinícola e nunha cata de diferentes marcas da denominación. Procedentes de Miami, Nashville, Nueva York e Oklahoma, estes profesionais amantes do seu traballo, do viño, coñeron adegas e viñedos durante un momento tan importante como é a vendima en Rías Baixas, onde visitaron un total de dez adegas de diferentes tamaños e con viñedos con distintos sistemas de condución, como o emparrado e a espaldeira.

Deixáronse empapar da cultura vinícola de Rías Baixas co seu minifundio, que por fin descubriron en vivo e en directo, cos seus propios ollos. Así, alabaron o traballo que se realiza desde as adegas de Rías Baixas a través dos técnicos de campo, controlando e asesorando aos propietarios de cada parcela durante todo o ciclo vitícola así como no momento idóneo de maduración, e tamén á entrada da uva na adega, da man dos enólogos na elaboración dos viños de Rías Baixas. Como se adoita dicir, unha imaxe vale máis ca mil palabras, pero se acompañas esa imaxe das explicacións dos produtores, mellor que mellor. Iso é o que viviron estes cinco prescriptores estes días na súa visita á D.O. Rías Baixas.

Percorrer por primeira vez Rías Baixas, e ademais neste intre, permitiulles comprobar que toda a recollida da uva se fai a man, así como probar uvas de diferentes variedades autóctonas, mostos en distintas fases de fermentación e, como non, ver as diferentes elaboracións monovarietais e plurivarietais de Rías Baixas. De feito, estes prescriptores americanos agradecen a xenerosidad das dez adegas por abrir as súas portas durante a vendima.

Sorprendéronse moito cos tintos de Rías Baixas, aos que auguran un bo futuro nos seus mercados. Tamén tiveron tempo de desfrutar da gastronomía local, acompañada destes viños atlánticos. E puideron facer un parón no seu percorrido para visitar o Castro de Santa Tegra e o casco antigo de Vigo. O percorrido comenzou este luns na subzona do Salnés. Continuou o martes polo Rosal, para centrarse o mércores no Condado e, hoxe xoves, cunha derradeira visita no Salnés.

Estados Unidos, número un en exportacións

Estados Unidos é o primeiro mercado exterior de Rías Baixas desde sempre. As súas vendas representaron en 2024 máis do 35% do total das exportacións, alcanzando os 2.920.016 litros en volume e os 23.510.399 euros en valor no pasado exercicio, con incrementos do 15% e do 13.93% respectivamente. Ademais, o continente americano é o que máis viño desta denominación de orixe galega importa e actualmente 88 adegas da denominación venden nese mercado. Por todo iso non é de extrañar que Estados Unidos fose o primeiro país en contar cun plan promocional propio nesta Denominación de Orixe.

Os prescriptores

Nicole Muscari (Nueva York), fundadora de Grape Chic un blog e plataforma de redes sociais dedicada a facer que o viño sexa accesible, agradable e cercano. Ademais, Nicole é unha experimentada consultora de viños para clientes privados e instructora na Sommelier Society of America. Posúe o diploma de Nivel 4 da WSET, un certificado de French Wine Scholar polo Wine Scholar Guild e colabora con importantes publicaciones vinícolas como The Vintner Project, Honest Cooking Magazine e Decanter.

Todd Johnston (Nashville), director de Bebidas do Hotel Thompson en Nashville, Tennessee, dende hai xa 9 anos. Leva 15 anos vencellado ao sector da restauración, dez deles ao de viños e bebidas. Os restaurantes do Hotel Thompson forman parte de QED Hospitality, con restaurantes en Nashville, Nueva Orleans e Kentucky.

Allegra Angelo (Miami), socia fundadora e directora de bebidas en Vinya, onde supervisa as súas diversas empresas, incluíndo Vinya Online, Vinya Table, Vinya Wine & Market e Off-site by Vinya en Miami (Florida). Con máis de 20 anos de experiencia, está recoñecida como unha das profesionais de bebidas máis destacadas da rexión. Allegra comenzou a súa carreira no mundo do viño coa chef Michelle Bernstein e o restaurador David Martinez, para posteriormente dirixir programas de bebidas en 50 Eggs Hospitality Group e traballar en San Francisco como directora de viños e xerente de vendas.

Danielle Golmoradi (Oklahoma City), xerente e compradora de The Study, un bar de viños nominado aos premios James Beard.  Danielle pasou unha parte moi importante do seu día a día na cociña do restaurante e negocio de catering da súa familia.  De feito, axudou a administrar o negocio familiar durante máis dunha década.

Megan Norman (New York), xerente xeral do recén inaugurado bar e super club Obvio, en New York, que forma parte do grupo de JF Restaurantes e que conta coa presenza do chef John Fraser, galardoado con estrelas Michelin. Anteriormente, Megan fora xerente de bebidas do hotel de luxo The Edition, en Times Square, onde tamén traballou con John Fraser.