Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
10 de agosto de 2020.- Tras un rigoroso e transparente procedemento de valoración por parte do Consello Regulador, a Anada 2019 da D.O. Rías Baixas foi cualificada polo Pleno como “Moi Boa”, cunha puntuación media de 7,2. Nun ano atípico, marcado pola COVID-19, este Consello faio público a través dunha nota de prensa, xa que a situación actual ha obrigado a cancelar os actos previstos para tal motivo.
Dita cualificación da Anada foi ratificada durante unha sesión do Pleno o día 26 de xuño. Esta decisión baséase nas conclusións dun informe técnico, desenvolto polo Órgano de Control e Certificación pechado a data 31 de maio, que inclúe información relativa á colleita e a vendima, datos das enquisas ao panel de expertos e valoracións de guías e prescritores especializados, así como estatísticas comparadas cos resultados das análises sensoriais e fisicoquímicos levados a cabo na totalidade dos viños verificados por este Consello Regulador ata o 31 de maio. Precisamente, a esa data verificouse o 47,9% do viño elaborado na anada 2019 (10.638.126 litros), o que mostra un bo comportamento do mercado a pesar da inactividade económica vivida desde mediados de marzo.
Os viños da Anada 2019 contan cunha gradación media elevada que se atopa no 12,8%, mentres que o resto de parámetros sitúanse nos valores habituais. Segundo o panel de expertos do Consello, a Anada 2019 rexistra as seguintes características:
• Fase visual: amarelo pallizo con tons verdosos, brillantes.
• Fase olfativa: de intensidade media, dominando os aromas primarios varietales con aromas cítricos, herbáceos, froitas de óso e florais. En xeral, son viños complexos e francos.
• Fase gustativa: estrutura e intensidade media con grao e acidez elevados. Son viños froiteiros, cítricos, longos e persistentes.
Ciclo vexetativo
Podemos afirmar que 2019 foi un ano “cunha brotación rápida e irregular”. O vento nas subzonas do Condado do Tea e O Rosal produciu danos nos brotes, que tamén se viron prexudicados pola saraiba rexistrada a finais do mes de abril. A floración estivo condicionada polos fenómenos meteorolóxicos adversos, de maneira que os acios resultaron máis pequenos e menos compactos do habitual. Con todo, os meses de agosto e setembro contaron cunha meteoroloxía estable, marcada polo tempo seco e asollado, que facilitou a correcta maduración do froito. A vendima desenvolveuse nunhas condicións propicias para recoller uvas dunha alta calidade e óptimo estado sanitario.
Aínda que se estimaba unha produción algo superior, finalmente a cifra alcanzou os 32,4 millóns de quilos, sendo un 16,04% inferior á do 2018.
Viño cualificado
Segundo informacións do Órgano de Control e Certificación, a día 31 de xullo deste ano, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas xa verificara 15.813.010 litros de viño.