Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
Trinta e seis adegas da D.O. Rías Baixas, repartidas en doce cada día, participan dende hoxe e ata o xoves nunha misión comercial inversa de prescritores de países centroamericanos no NH Collection de Vigo, organizada polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas en colaboración coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e financiado con Fondos Europeos a través do IGAPE.
Un total de 10 importadores de viño procedentes de Costa Rica, Guatemala e Panamá participan nesta misión, consistente en reunións curtas cara a cara coas adegas durante a mañá e visitas pola tarde ás adegas elixidas. Oito son responsables de compras de viños europeos e dous deles son catadores que traballan nos departamentos de compra de empresas. Como explica a directora de Marketing da D.O. Rías Baixas, Eva Mínguez, “estes mercados destacan polo crecente valor que o consumidor final outorga ao viño de calidade. Poder traer á nosa casa a dez compradores de primeiro nivel permítenos mostrar a realidade de Rías Baixas e versatilidade dos seus viños, ao mesmo tempo que simplifica os procesos negociación. O que o converte nunha gran oportunidade para as adegas de Rías Baixas”.
Os dez compradores proceden de Costa Rica (5), Guatemala (3) e Panamá (2). Para a maior parte deles sería a súa primeira visita a D.O. Rías Baixas. Así, o costarriqueño Ricardo Flores, de la importante distribuidora Alpiste, coñecedor destes viños atlánticos cos que xa está a traballar no seu país, asegura que “espero desta visita entender o que hai nesta Denominación de Orixe e ver o que pode ofrecer ao mercado de Costa Rica”. De feito, de todo o que catou esta mañá “chamáronme a atención varias marcas e tipoloxías de viño que descoñecía ata hoxe, tintos e un espumoso Rías Baixas”. Non descarta “a posibilidade de ampliar o portfolio con algún das adegas participantes, porque creo que poderían encaixar co perfil do consumidor do meu país”. Ricardo Flores ten previsto visitar estes días diferentes adegas de Rías Baixas en la que sería a súa primeira vez a Rías Baixas.
Precisamente, estes encontros desenvólvense en dúas partes: unha sesión de mañá, de 9.00 a 13,40 horas, con reunións cara a cara, dunha duración de 20 minutos cada unha, a través de las cales o comprador poderá coñecer o proxecto e a historia de cada adega e os seus viños. Despois pásase a unha segunda parte, xa pola tarde, en la que cada importador poderá visitar algunha das adegas participantes. En total, está previsto que se celebren máis de 360 encontros profesionais.
Países de Centroamérica, destinos elixidos
É la primeira vez que a Denominación de Orixe Rías Baixas trae a prescritores de Guatemala polo seu gran interese. De feito, durante a campaña 2025-2026 exportáronse ao conxunto destes tres países centroamericanos 168.057 litros que significan 1.533.315 €, sendo Panamá o país que máis exporta con 101.141 litros, seguido de Costa Rica con 41.109 litros e Guatemala con 25.807 litros.
