Volver

24 de Outubro

DEZ COMPRADORES DE LATINOAMÉRICA PARTICIPAN NUNHA MISIÓN INVERSA NA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

Trinta adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas participaron este luns e martes nunha misión comercial inversa, organizada polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas en colaboración coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Un total de 10 importadores de viño procedentes de Latinoamérica visitaron Galicia para reunirse con 30 adegas desta denominación e tiveron a oportunidade de probar 116 marcas.

Estes dez prescriptores proceden de Colombia, Costa Rica, Panamá e Perú. Destes, cinco xa están importando viños de Rías Baixas e quieren ampliar su portfolio, mentres os outros restantes non traballan con ningunha aega desta denominación de orixe e buscan marcas para vender nos seus países.

Esta actividade, que se realiza na cidade de Vigo desde hai seis anos,  cuenta cunha dinámica que consiste en pola mañá manter unha reunión  de 20 minutos de cada importador con cada unha das adegas participantes. En total, en cada xornada foron 15. Tras estas reunións, os profesionais poden visitar, se o consideran necesario, algunha das adegas. A directora de marketing do Consello, Eva Mínguez, explica que “este formato permite ás empresas ter reunións de traballo con diferentes importadores nunha mañá e, ao mesmo tempo, se estes queren profundizar na adega poden visitala”. En total, nestas dúas xornadas celebráronse 300 reunións.

A costarricense Grace Rodríguez, xerente de compras de La Kava Gourmet, describe esta actividade como “enriquecedora por reunir tantas adegas xuntas”. Aínda que é a súa primeira visita á Denominación de Orixe Rías Baixas, “si que coñezo a variedade albariño, de feito importamos un viño desta denominación e nos gustaría contar cun máis dun segmento superior”.

Os países elixidos para a misión deste ano, a petición das adegas, son Colombia, Costa Rica, Panamá e Perú. Como explica Eva Mínguez, “nestes mercados os viños de Rías Baixas xa teñen presenza pero sabemos que son mercados onde aínda temos percorrido e potencial para medrar”.

En 2022, as adegas de Rías Baixas exportaron a Costa Rica case 28 millóns de litros de viño, que se  traduciron en 186.037 €, meentras que Colombia importou 73.330 litros, que en euros sumaron 571.148. Panamá rexistrou 85.978 litros e 683.772 €,  mentras que Perú acadou os 25.071 litros, que se transformaron en 176.946 €.