Volver

16 de Novembro

O III SALÓN RÍAS BAIXAS DE COLECCIÓN FIXO UN REPASO POR VIÑOS CON CRIANZA DENDE A COLLEIT 2012 ATA A 2024

Máis de 450 profesionais non quixeron perderse a terceira edición do Salón Rías Baixas de Viños de Colección. Unha oportunidade única en Madrid de catar, comparar e degustar 116 marcas singulares, Premium e de produción limitada de diferentes tipoloxías de viño con crianza desta denominación. Tamén colgaron o cartel de cheo as catro masterclass impartidas ao longo de toda a xornada por relevantes profesionais do viño. Nelas déronse cita un cento de persoas, 25 por sesión.

A rebosar estiveron o túnel do viño, con 72 marcas de 45 adegas, e o showroom, con 44 viños de 17 adegas que non pararon de atender aos numerosos winelovers que se pasaron polo hotel madrileño Hyatt Thompson. O obxectivo, máis que conseguido, desta terceira edición do Salón Rías Baixas de Colección era poñer en valor a calidade e o potencial de envellecemento destes viños atlánticos. E así o fixeron con colleitas lonxevas dende 2012 ata chegar á 2024. Uns viños que no seu momento foron cualificados como Bos, na súa maioría Moi Buenos e incluso algún Excelente.

Ningún amante do bon viño quixo perderse a terceira edición deste salón, que novamente contou coa colaboración da Unión Española de Catadores (UEC). E así se puido palpar tamén nas catro masterclass que con facilidade encheron o seu cento de prazas, repartidas en catro sesións de 25 persoas, e onde se cataron un total de 60 viños de Rías Baixas.

“Xuventude e Complexidade” foi a primeira proposta da xornada, da man do novo e relevante sumiller en Restaurante Smoked Room do grupo de Dani García, Pol Samón, en cuxa sesión se analizaron e desfrutaron 17 tipoloxías diferentes viños de Rías Baixas de colleitas comprendidas entre 2022 e 2024. Tomou o relevo, con “Madurez e Evolución I”, Laura Sánchez Lara, xornalista freelance de diferentes medios de comunicación como Metropoli, El Cocinillas, tamén sumiller e prescriptora de viños e gastronomía. Durante a súa masterclass degustáronse e comentáronse 15 marcas das colleitas 2023 e 2024.

Pola tarde foi a quenda de Laura López Altares, directora da Revista Mi Vino, que evaluou 15 viños baixo a perspectiva da “Madurez e evolución II” con 15 referencias de colleitas de 2012,2018, 2019 e o resto entre a 2021 e a 2023.  O punto e fin desta sesión de masterclass correu da man de María José Huertas, prestixiosa sumiller no restaurante de Paco Roncero que, con “Lonxevidade sen límites”, catou e fixo un percorrido por 16 viños, de colleitas como 2012 e logo desde 2017 ata 2023. Un estupendo broche final para unha xornada protagonizada por un dos mellores viños brancos do mundo.