Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
O pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe (CRDO) Rías Baixas constituiuse esta mañá tras os comicios do pasado 19 de febreiro. Seguidamente tivo lugar a elección de Isidoro Serantes Serantes como presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para os próximos 4 anos. Presentáronse dúas propostas: a de Isidoro Serantes Serantes e a de Xoán Allegue López. No caso da Vicepresidencia so houbo unha propuesta: a da adega Carballal Vázquez Abal, representada por Juan Carlos Vázquez Abal, que exercerá como vicepresidente.
A devandita constitución do pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe. Rías Baixas, estivo presidida polo director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), José Luis Cabarcos Corral. Os 22 vogais tomaron posesión das súas respectivas actas tras a pertinente entrega das súas acreditacións e a súa comprobación por parte do secretario do mesmo, Ramón Huidobro.

Novo presidente
Isidoro Serantes Serantes, viticultor, enólogo e xerente da adega Bouza do Rei.
O recente presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas leva no seu ADN a cultura do viño. Pertence a unha familia con tradición viticultora, que xa conta con relevo xeracional nos seus fillos. É socio fundador da adega Bouza do Rei na que, ademais, leva 38 años exercendo como xerente.
A súa vinculación ao mundo do viño en Rías Baixas é anterior á creación da Denominación de Orixe, pois esta adega data de 1984. Isidoro Serantes estivo entre os precursores da Denominación de Orixe Rías Baixas, de feito Bouza do Rei foi unha das catorce adegas fundadoras. Formou parte do pleno do Consello Regulador con Marisol Bueno como presidenta, desde o ano 1986 ata o 2007, participando durante ese tempo en diferentes comisións (de viticultura, permanente, promoción…).
A súa traxectoria dentro do sector vitivinícola de Rías Baixas queda patente en 2015, ano no que foi nomeado “Cabaleiro do Albariño” pola súa entrega profesional.
24 vogais