Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Isidoro Serantes Serantes, inaugurou esta mañá a decimocuarta edición do Túnel do Viño Rías Baixas, que ten lugar no marco da LXXIII Festa do Viño DO Rías Baixas Albariño de Cambados. Unha actividade na que participan 190 marcas de máis de 80 adegas, que poderá disfrutarse no salón de congresos e exposicións José Peña ata a mañá do sábado 2 de agosto e que ten como obxectivo promocionar estes viños, especialmente entre profesionais e público especializado.

Deste modo, neste Túnel do Viño Rías Baixas de Cambados están representadas as cinco subzonas da Denominación de Orixe, polo que é posible degustar unha gran variedade de viños: elaboracións especiais, en madeira, tintos, colleitas antigas, crianzas… se ben a colleita máis representada é a de 2024, cualificada como Excelente polo Consello Regulador. A gran novidade desta edición é a creación dun Wine Bar, un espazo no que é posible catar as colleitas máis antigas, da 2022 ata a 2012, así como espumosos de calidade Rías Baixas. Un Wine Bar que está atendido por camareiros, a diferencia do resto do salón onde a cata é libre.
No acto de inauguración, Isidoro Serantes estivo acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o alcalde de Cambados, Samuel Lago; o delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera; a directora de Turismo da Deputación de Pontevedra, Romina Fernández; o presidente da Autoridade Portuaria Vilagarcía de Arousa, José Manuel Cores; o presidente do Capítulo Serenísimo do Albariño, Pedro Piñeiro; e os concelleiros de Festas e de Enoturismo de Cambados, Constantino Cordal e José Ramón Abal., entre oitras autoridades.

Oportunidade única
O presidente do Consello Regulador asegurou que este Túnel do Viño de Cambados “é unha oportunidade case única para catar 190 viños de 80 adegas de todas as subzonas, nun espazo tranquilo dentro desta gran festa”. Unha actividade non so consolidada, senon que en cada edición rexistra unha maior demanda, polo que Isidoro Serantes aproveitou para agradecer a colaboración tanto dos adegueiros que participan neste túnel como dos catadores que hoxe tomaron parte como xurado da primeira sesión da XXXVII Cata Concurso Albariño Rías Baixas da Colleita 2024.
Pola súa banda, José González aproveitou para “trasladar o orgullo da Xunta de Galicia pola profesionalidade e o esforzo que se ve ano tras ano neste túnel do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas”. Neste sentido, o conselleiro sinalou que “eu, que son un defensor do emprendemento ligado a un territorio, creo que a viticultura é un bo exemplo diso”, destacando que Rías Baixas representa un modelo paradigmático de emprendemento vinculado ao territorio, baseado na innovación, na profesionalización e nun forte vínculo local con proxección internacional.
Un vínculo que “empeza no campo, cos viñedos, que crean unha paisaje extraordinaria e que después permite facer un produto de calidade excepcional e que está nas mellores mesas dos mellores restaurantes do mundo. É para estar orgullosos ver como cada ano a DO Rías Baixas mellora o seu funcionamento nesta exposición do viño e nun escenario extraordinario como Cambados”, concluíu González.
Finalmente, Samuel Lago destacou que este Túnel do Viño Rías Baixas é “un formato que está funcionando ben e moi propicio de cara á parte máis técnica desta Festa do Viño DO Rías Baixas Albariño de Cambados, que non é so beber viño con amigos senon que tamén ten unha parte destinada a persoal especializado ou a aqueles que queiran aprender máis sobre 0 mundo do viño”. Así, o alcalde cambadés explicou que no salón José Peña “podemos atopar moitas elaboracións distintas, incluso elaboracións especiais máis aló do que podes encontrar no Paseo da Calzada, onde cada botella ten a súa ficha coas características máis destacadas de cada viño e con asesoramento incluso de sumilleres. É un formato que se foi consolidando e que está crecendo. Tivo unha gran acollida e cremos que ten un gran futuro en Cambados os próximos anos”.

Horarios
O XIV Túnel do Viño de Cambados estará aberto hoxe xoves 31 de xullo e mañá venres 1 de agosto en horario de 11:00 a 22:30 horas, e o sábado 2 de agosto, de 11:00 a 14:30 horas. A gran demanda rexistrada en pasadas edicións levou ao Consello Regulador a incrementar o número de sesións a cinco por día: de 11:00 a 12:30 h, de 13:00 a 14:30 h, de 17:00 a 18:30 h, de 19:00 a 20:30 h e de 21:00 a 22:30 horas. A estas sesións hai que engadir as dúas do sábado, de 11:00 a 12:30 h e de 13:00 a 14:30 horas. O prezo da entrada é de 25 euros e todas as persoas contan co asesoramento dun sumiller profesional.

Cata prima
Por outra parte, o Salón Bazán do Parador de Cambados acolleu esta mañá a primeira sesión da XXXVII Cata Concurso Albariño Rías Baixas da Colleita 2024. Os mellores viños pasarán á Cata Derradeira, que se terá lugar mañá viernes, a partir das 11:00 horas, no propio Salón Bazán.
Esta Cata Concurso, organizada polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, conta cun panel de cata integrado por expertos, pertencentes tanto ao panel de cata interno deste Consello como a un externo, disposto para a ocasión e composto por doce catadores. Da súa decisión sairán as marcas premiadas, que ostentarán o título de mellores Albariño Rías Baixas da Colleita 2024. Uns galardóns que serán entregados durante o almorzo oficial do Capítulo Serenísimo, que terá lugar o domingo 3 de agosto.