Historia


Existe unha teoría que indica que os monxes de Cluny levaron a uva albariña ao mosteiro de Armenteira (en la comarca pontevedresa de “O Salnés') (na comarca pontevedresa do Salnés) no século XII e que desde alí o seu cultivo se estendeu ao resto de Galicia e ao norte de Portugal. O río Umia está considerado como o pai do albariño, pois nas súas ribeiras cultívase a vide e prodúcese este viño desde a Idade Media. Actualmente, esta hipótese considérase unha mera lenda, xa que é ben sabido que a albariña é unha variedade autóctona propia do Sur de Galicia.

Outra crenza máis recente apunta que a albariña é unha uva branca que puido viaxar xa desde Centroeuropa posiblemente coas migracións dos pobos xermanos desde o século V (suevos e visigodos). Asentouse historicamente no noroeste coincidindo coas fronteiras da antiga Gallaecia.

Á marxe das lendas, o que si podemos afirmar con rotundidade é que a variedade leva máis de mil anos cultivándose no territorio das Rías Baixas e, dadas as súas características, atópase perfectamente adaptada ás condicións de clima e insolación que lle ofrece este territorio.

Con todo, ninguén discute que os monxes cistercienses chegados a Galicia polo Camiño de Santiago, ou ben acompañando a dinastía de Borgoña vinda a Galicia no século XII, con motivo da voda de Raimundo de Borgoña coa raíña Urraca, foron os encargados de ensinarnos a coidar as variedades aquí asentadas e a extraer delas a súa máxima expresión. Os viños brancos, máis refinados, conservábanse nos mosteiros ata o século XVIII coa desamortización de Mendizábal. Foi este un longo proceso histórico, económico e social iniciado a finais do século XVIII por Godoy (1798) consistente en poñer no mercado, logo dunha expropiación previa forzosa, e mediante unha poxa pública, as terras e bens que ata entón non se podían allear, en poder das chamadas «mans mortas», as ordes relixiosas, que as acumulaban como habituais beneficiarias de doazóns, testamentos e ab intestato.

Será pois a partir desta data cando estes viños empecen a cultivarse nas leiras dos pazos ou casas grandes galegas. Eran os nobres os únicos que podían destinar as súas terras para cultivar unhas variedades e elaborar uns viños máis refinados. Iso era debido a que carecían de problemas económicos e, polo tanto, non estaban condicionados a destinar as súas terras ao cultivo de produtos de autoconsumo.

Non será ata a metade do século XX cando a variedade se estenda por todo o territorio. Probablemente veríase condicionada polo abandono ou cambio de propiedade dos viñedos, así como polo coñecemento e a fama que empezaron a adquirir os viños.

O maior recoñecemento destas variedades e viños obtense a partir dos anos 80 do século pasado, coa posta en funcionamento da Denominación de Orixe Rías Baixas e do seu Consello Regulador, que soubo prestixialos e trasladar aos consumidores a súa extraordinaria calidade.

A Denominación de Orixe Rías Baixas comeza a súa breve historia en 1980. Nese ano é recoñecida no B.O.E. del 11 de Octubre la Denominación Específica Albariño. O 30 de abril de 1984 apróbase o regulamento da Denominación de Orixe Específica Albariño e o seu Consello Regulador.

Debido a necesidades de adaptación da lexislación española á comunitaria, a Consellería de Agricultura, nunha orde do 17 de marzo de 1988, recoñece con carácter provisional a Denominación de Orixe Rías Baixas, e por orde do 4 de xullo do mesmo ano apróbase o regulamento da Denominación de Orixe Rías Baixas e do seu Consello Regulador. A Orde Ministerial do 28 de xullo de 1988 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ratifica esta Denominación de Orixe.

Esa evolución tamén se reflicte na ampliación das subzonas. En 1988 a Denominación de Orixe Rías Baixas constaba de 3 subzonas, perfectamente individualizadas, na provincia de Pontevedra: Val do Salnés, Condado do Tea e O Rosal. En outubro de 1996 incorporouse Soutomaior, mentres que en maio de 2000 ampliouse á Ribeira do Ulla.

-----