Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
Os viños de Rías Baixas viaxaron un ano máis ata a Feira Internacional de Viños e Bebidas Espirituosas ProWein, que conclúe hoxe na cidade alemá de Düsseldorf. Nesta 31 edición, a Denominación de Orixe galega contou cun stand no pavillón internacional do ICEX no que os asistentes puideron desfrutar do seu clásico túnel do viño, integrado por 111 marcas de 61 adegas.
É una cita imprescindible e ineludible para esta Denominación de Orixe. Ata alí se desplazaron, en representación do Consello Regulador, o secretario xeral, Ramón Huidobro, e a directora do departamento de marketing, Eva Mínguez.
Esta feira internacional, que se inaugurou o pasado domingo, é un punto de encontro clave para o sector e un dos eventos vitivinícolas máis prestixiosos de Europa, pois nela participan máis de 5.200 expositores internacionais procedentes de 65 países. Ademais, é o escenario perfecto para a apertura de novos mercados, posto que a esta cita acudiron máis de 45.000 compradores de 135 países.
Importancia do mercado alemán
Alemaña forma parte do top-ten de principais mercados de exportación da Denominación de Orixe Rías Baixas, polo que é un destino estratéxico dentro de Europa. No exercicio de 2024 o país xermano importou un total de 166.455 litros, por un valor de 1.449.486 euros. Na actualidade, máis de 60 adegas de Rías Baixas venden os seus viños atlánticos no mercado xermano. Debido á súa relevancia, o Consello Regulador leva anos impulsando plans promocionais específicos neste mercado.
Próximas accións promocionais
Nos vindeiros meses a D.O. Rías Baixas continuará levando a cabo accións promocionais en diversos eventos. Deste xeito, está previsto que participe no Salón Gourmets que se celebrará no mes de abril en Madrid, así como en FENAVIN e a London Wine Fair en maio.