Volver

10 de Setembro

A D.O RÍAS BAIXAS DÁ POR XENERALIZADA A VENDIMA 2025 CON MÁIS DE 31 MILLÓNS DE QUILOS DE UVA RECOLLIDOS

A Denominación de Orixe Rías Baixas vive un momento transcendental: a vendima 2025, na que viticultores e adegas, sen presa pero sen pausa, miran de reollo á meteoroloxía. E é que na D.O. Rías Baixas xa se pode afirmar que o conxunto das súas adegas están inmersas nos labores de recollida da uva. Certo é que os máis madrugadores iniciaron os primeiros traballos de viño base para espumosos e outras elaboracións o pasado 20 de agosto en Salvaterra do Miño, subzona do Condado do Tea; un día máis tarde en Ribera do Ulla; o 22 de agosto en Tomiño, O Rosal; para dar paso ao 23 de agosto no Salnés. Así foron uns inicios que nos traen ata o ecuador da vendima 2025, momento no que xa se recolleron “a man” 31.400.000 kg de uvas autóctonas.

Recolectar todas estas variedades autóctonas require dunha engranaxe ben engrasada. Baixo a batuta do Departamento Técnico traballan 25 auditores/veedores, cuxo labor é controlar a orixe e a calidade da uva que entra en adega esta campaña 2025. “Destaca a gran calidade da uva, grazas a un agosto caluroso, que permitiu a súa óptima maduración, que se pode resumir nun bo estado hixiénico sanitario”,  indica Agustín Lago, director técnico da Denominación de Orixe Rías Baixas, quen asegura que “o grado alcohólico e de acidez son correctos e podemos decir que esta vendimia está cumplindo con todas as expectativas que a se anunciaran no Informe de Estimación da Colleita 2025, presentado polo Órgano de Control e Certificación”.

Por unha cuestión de meteoroloxía as subzonas do sur de Galicia, as do Condado do Tea e O Rosal, volveron ser as máis madrugadoras. Ata a data, as adegas da denominación recolleron en variedades blancas 31.380.168 quilos. Logo darase paso ás tintas, cuxo ciclo vexetativo é máis longo e das cales ata o de agora se recollleron 19.832 kg.

A vendima na D.O. Rías Baixas caracterízase por realizarse a man na súa totalidade, polo que require de numerosa man de obra en momentos puntuais. Ademais, as normas de vendima tamén obrigan aos viticultores a depositar as uvas en caixas de plástico alimentario de menos de 30 quilos para preservar a calidade das mesmas ata a súa entrada na adega.

O ciclo vitícola na campaña 2025 estivo caracterizado por un inverno e unha primavera moi cálidos e húmidos; un mes de xuño extremadamente cálido, o máis cálido desde que existen rexistros, e moi seco. Estas condicións excepcionais, motivaron unha taxa de brotación do 90,1%, algo inferior á do ano pasado, se ben o índice de fertilidade foi superior, con 2,3 racimos/xema brotados. Nesta campaña, as mermas de producción non son significativas, sendo o valor medio do 5,5% e atribuidas a diversas causas, como o corremento de flor, a presenza de plagas ou enfermidades, e fenómenos climáticos adversos como granizo e vento. O caluroso mes de agosto axudou á maduración óptima. E ahora cabe agardar que el mes de septiembre acompañe con la menor lluvia posible, para así poder seguir la vendimia de forma ordenada y tranquila.

A presente campaña conta con 176 adegas inscritas. A superficie desta Denominación de Orixe é de 4.970 hectáreas repartidas en 24.182  parcelas, que son atendidas por 4.970 viticultores.