Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
Os Premios Baco Colleita 2025 réndense aos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, que arrasa no palmarés desta edición cun total de 51 medallas. Con este resultado, a D.O. Rías Baixas posiciónase como a denominación de orixe máis premiada neste concurso de viños xóvenes, demostrando novamente a gran calidade destes viños atlánticos.
As etiquetas de Rías Baixas conseguiron, ademais, dúas das maiores distincións deste concurso: o Gran Baco de Ouro Premio Luis Hidalgo para a marca coa puntuación máis alta do xurado (máis de 93 puntos) e o Gran Baco de Ouro Novas Marcas. A maiores, recibiron outros 23 Bacos de Oro (máis de 88 puntos) e 23 Bacos de Prata (máis de 84 puntos).
O xurado da 40 edición dos Premios Baco Colleita 2025 estivo integrado por un total de cincuenta catadores, todos eles membros da Unión Española de Catadores (UEC) e relacionados co mundo do viño, que avaliaron en estricta cata a cegas as distintas mostras participantes.
Tras varias xornadas de cata celebradas en Madrid o pasado mes de maio, cun total de 397 viños a concurso, o 85% destes obtuveron puntuacións superiores a 85. De aí a importancia deste palmarés, que amosa a diversidade e a singularidade do panorama vitivinícola español. Os galardóns obtidos neste certame, considerado o máis veterano dedicado en exclusiva aos viños xóvenes en España, posúen un gran valor promocional para os mellores viños xóvenes e supoñen un respaldo á súa calidade e ao traballo de adegas e produtores.
Outros premios
Aínda quedan moitos concursos por celebrarse en 2026, pero os viños de Rías Baixas xa suman a día de hoxe un total de 118 galardóns e sempre están presentes nos diferentes palmareses como o viño branco por excelencia. Así o demostra a 41 edición da Guía Gourmets 2026, que elixiu un vino de Rías Baixas como o Mellor Branco Xoven. Tamén o Concurso Vin España seleccionou no seu podio a 33 Rías Baixas (11 Gran Ouro, 11 Ouros e 11 pratas) sobre todo de colleitas 2024 e 2025, pero tamén se atopaba algún 2023, 2021 e 2028. O Concurso Internacional de Lyon concedeu dúas platas a esta Denominación de Orixe. A estes resultados hai que sumarlle as 32 marcas galardoadas no XXIV Concurso Internacional de Viños Bacchus 2026.