Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
Estas cifras achéganse ás previstas no Informe de Estimación da Colleita 2025, presentado polo Órgano de Control e Certificación, que se cifraban en 50,5 millóns de quilos.
O rendemento medio por hectárea foi de 9.881 kg/ha, un valor algo superior á media do últimos dez anos, que foi de 9.072 kg/ha. Tendo en conta a calidade da uva recollida e as primeiras valoracións dos enólogos, as expectativas de Rías Baixas para os viños da anada 2025 son moi halagüeñas, tanto en calidade como en cantidade.
O inicio da vendima na D.O. Rías Baixas tivo lugar o pasado 20 de agosto en Salvaterra do Miño, na subzona do Condado do Tea, coa uva destinada á elaboración dos viños espumosos, e finalizou o 8 de outubro. O director técnico, Agustín Lago, destaca da devandita campaña: “O bo estado sanitario e de maduración da uva, así como a súa gran calidade”, e describe a vendima como “tranquila, salvo algúns trastornos que se viviron polas choivas uns poucos días de setembro”. Nela estiveron implicados 25 auditores/veedores.
O ciclo vexetativo da colleita 2025 tivo un inverno e primavera moi cálidos e húmidos; cun mes de xuño extremadamente cálido, o máis cálido desde que existen rexistros, e moi seco. Esta situación propiciou unha taxa de brotación do 90,1%, algo inferior ao ano pasado, mentres que o índice de fertilidade foi superior, con 2,3 acios xema/ brotados. As diminucións de produción non foron significativas, sendo o valor medio do 5,5% e repartidas en corremento de flor, pragas ou enfermidades e por xeadas, saraiba e vento.

Desagregación por variedades e subzonas
Como vén sendo habitual, a presente vendima comezou coa recollida das variedades de uva brancas, especialmente a Albariño, cuxo ciclo vexetativo é máis curto e a súa maduración máis temperá. Finalmente, recolléronse as tintas e vendimas tardías.
Na D.O. Rías Baixas, as variedades brancas representan o 99,50% da uva recollida, abandeirada pola Albariño, que chegou aos 46.086.340 kg (o 96,99% do total), seguida pola Caiño Blanco (0,90%), a Loureira Branca (0,64%) e a Godello, que este ano supera á Treixadura, sendo a campaña 2025 a primeira vendima da variedade Ratiño, con 901 quilos. As variedades tintas supoñen o 0,50% do total, coa variedade Sousón como principal, seguida pola Caiño Tinto e Espadeiro.
En canto á produción por subzonas, o Val do Salnés continúa sendo a de maior produción, cun 65% do total, seguida polo Condado do Tea, cun 18,36%, e O Rosal, co 8,77%.
A Denominación de Orixe Rías Baixas conta na actualidade cunha superficie produtiva de 4.808 hectáreas.
Produción por Variedades e Subzonas (quilogramos)
