Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
150 marcas cataranse hoxe na sede da D.O. Rías Baixas e outras tantas foron valoradas onte polos expertos catadores da Guía Peñín desprazados un ano máis ata Pontevedra. Unha publicación indispensable dentro do mundo do viño español, onde as marcas de Rías Baixas esperan posicionarse coas súas puntuacións como o mellor viño branco con Denominación de Orixe española. Tanto Ziyan Zhang, director da Guía Peñín en China, como a catadora e formadora Tatiana Rivadomar coinciden en valorar para esta publicación: “calidades como a complexidade o equilibrio e a identidade”.
300 marcas de viño de Rías Baixas de diferentes colleitas, e de prácticamente todas as tipoloxías de viños elaboradas nesta Denominación de Orixe, amosan a súa potencialidade nesta sesión anual coa Guía Peñín. Tatiana Rivadomar puxo en valor “a capacidade de envellecemento da variedade albariño, que se está convirtendo nun dos seus sinais de identidade a nivel mundial como viño branco”. Ademais de viños con crianza sobre lías, estes dous expertos tamén están catando as últimas colleitas. De feito, corroboran a “Excelencia” da colleita 2024 e adiantan que “a 2025 é máis madura ca anterior, dando lugar a viños redondos e menos acedos, que serán máis doados de beber para o consumidor”, explican.

A colleita máis antiga que cataron é unha 2016, á que se sumaron viños de 2021, 2022 e así ata 2025. E estes catadores puntúan o que lles conta o viño. Iso sí, sempre sen perder a súa identidade e valorando positivamente a complexidade, que nos viños de Rías Baixas se atopa nas notas salinas, iodadas, e o equilibrio. “Estamos ante un mercado máis maduro que bebe menos pero mellor, ou sexa, que valora a calidade fronte á cantidade. Un consumidor que busca desfrutar de proxectos particulares con historia”, engade Ziyan Zhang.
Das 300 marcas catadas, as que obteñan puntuacións iguais ou superiores a 95 pasarán a Recata: Unha cata conxunta de todo o equipo da Guía Peñín. Deste modo, os viños de toda España que obtiveron inicialmente 95 puntos se valoran novamente e conxuntamente.
Pola súa parte, o director técnico do Consello, Agustín Lago, que acompañou aos dous catadores, valora moi positivamente esta visita da Guía Peñín a Rías Baixas: “Velos catar, poder intercambiar opinións con estes expertos nos axuda ao departamento técnico a ampliar a visión dos viños de Rías Baixas”, afirma.
A guía Peñín está moi consolidada no mercado español, de feito, conta cunha tirada anual duns 12.000 exemplares en España, aos que hai que sumar 5.000 da edición en inglés e 2.500 en alemán.
