Volver

09 de Novembro

A VENDIMA 2023 NA D.O. RÍAS BAIXAS ACADOU OS 44.358.546 QUILOS

Calidade e cantidade na vendima 2023 da D.O. Rías Baixas con 44.358.546 quilos recollidos, un 8,44% máis ca na campaña anterior. Unhas cifras que permitirán a esta denominación de orixe manter as súas vendas no mercado nacional e internacional. A campaña deste ano resúmese en 47 días de recollida, na que estiveron implicadas 166 adegas e 4.628 viticultores.

O inicio da vendima na D.O. Rías Baixas tivo lugar o pasado 21 de agosto, coa uva destinada á elaboración de espumosos, e finalizou o 6 de outubro. “A uva vendimouse maioritariamente no período comprendido entre o 2 e o 15 de setembro, días nos que se recolleu o 84% da colleita, cun pico o 8 de setembro no que se acadou a cifra récord de 4,45 millóns de quilos”, explica o informe do Departamento Técnico, o cal fala “dunha vendima tranquila con algúns días inestables pero cunha entrada da uva en adega cunha gran calidade e perfecto estado de madurez”.

O rendemento medio por hectárea nesta campaña foi de 9.877 kg/ha, moi parecido á colleita de 2017. Trátase dun valor superior á media dos últimos 10 anos, que foi de 8.600 kg/hectárea. Vendo a calidade da uva e tras as primeiras valoracións dos enólogos en Rías Baixas, as expectativas para os viños da colleita 2023 son moi boas e acadarán unha produción estimada de 30.500.000 litros. Con esta perspectiva, o Consello Regulador poderá iniciar a estratexia marcada polo seu Plan Director 2030, recentemente presentado ás adegas.

O ciclo da colleita 2023 caracterizouse por un inverno cálido e húmedo, unha primavera cálida e seca, que propiciou unha taxa de brotación do 87,7%, cun elevado índice de fertilidade. As mermas supuxeron un valor medio do 11%, cunha incidencia maior na subzona de Condado do Tea.

Desglose por variedades

A vendimia comezou coa recollida das variedades destinadas á elaboración dos viños espumosos de calidade, logo lle seguiron as uvas brancas, especialmente a Albariño, cuxo ciclo vexetativo é máis curto e a súa maduración máis temprana. Finalmente deuse paso ás tintas e a vendimas tardías.

Na D.O. Rías Baixas, as variedades brancas representan o 99,26% da uva recogida, abanderada pola Albariño, que chegou aos 42.848.472 kg, seguida pola Caiño Blanco, a Loureira, a Godello e finalmente a Treixadura. As variedades tintas representan o 0,74% do total, coa variedade Sousón como principal, seguida pola Caiño Tinto e Mencía.

En canto á produción por subzonas, o Val do Salnés continúa sendo a de maior produción cun 68,7% do total, seguida polo Condado do Tea cun 17,7%  e O Rosal co 12,2%.

Na presente campaña de vendima participaron 166 adegas elaboradoras. Un total de 4.628 viticultores recolleron uva nas 4.491,67 hectáreas de superficie produtiva inscritas na Denominación sssssde Orixe Rías Baixas, o que supuxo un aumento de 170,27 hectáreas, un 3,93%, con respecto á vendima de 2022.