Volver

30 de Decembro

OS RÍAS BAIXAS ESPUMOSO DE CALIDADE SUMAN NA CAMPAÑA NAVIDEÑA UNhA PRODUCCIÓN DE MÁIS DE 95.000 LITROS EN 2025

Brindar no Nadal cun Rías Baixas Espumoso de Calidade empeza a converterse nunha tradición en Galicia. Tanto é así que xa é un produto consolidado entre as adegas da Denominación de Orixe, que este ano aumentaron a súa produción acadando os 95.036 litros, un 1,01% máis ca no 2024.

Na actualidade, 16 adegas producen e comercializan 44 marcas distintas de Espumoso de Calidade baixo o selo D.O. Rías Baixas, que xa se converteron nuns viños que non poden faltar nas mesas durante o Nadal e nas festas de entrada e saída do ano. A súa traxectoria remóntase a 2012 e, trece anos despois, pode dicirse que xa é un produto consolidado no porfolio das adegas desta denominación.

A súa produción, que en 2025 chega ás 126.714 botellas, segue o método tradicional champenoise, no que o viño realiza unha segunda fermentación dentro da botella. Desta forma xérase esa sensación cremosa propia dos viños elaborados siguindo este método e que caracterizan os Espumosos de Calidade de Rías Baixas.

A normativa europea aplicada aos viños espumosos da D.O. Rías Baixas admite variedades tanto brancas como tintas, aínda que a produción é maioritariamente de branco e da variedade albariño. En función da cantidade de zucre engadido distínguense varios tipos de espumosos: Brut Nature (sen zucre engadido), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco e Doce.