Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
Os premios en concursos sempre son ben recibidos por ambas partes. Polo sector vinícola, porque lle dá brío no seu traballo diario. E polo consumidor, porque son unha guía á hora de elixir unha marca ou unha rexión vitivinícola. Esta situación é sabida polas adegas que integran a Denominación de Orixe Rías Baixas, que cada ano se afanan por presentar o seu traballo diante de esixentes paneis de xurados de certames nacionais e internacionais. O resultado en 2025 foi moi positivo, pois recibiron un total de 274 galardóns na súa participación en concursos enolóxicos nacionais e internacionais. Estes premios obtivéronse en 11 citas establecidas no calendario oficial da Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV) ás que concorreron as distintas adegas adscritas á denominación desde xaneiro ata decembro de 2025.
Do conxunto de galardóns, 12 son da categoría Gran Ouro, Platino ou Selección dos Xuices, 83 de Ouro, 109 de Prata, 63 de Bronce e 7 recomendacións. Aa metade destes viños de Rías Baixas pertencen á colleita 2024, máis de 100, que foi cualificada como ‘Excelente’, convirténdose así nunha das 7 colleitas coa máxima puntuación na historia deste Consello Regulador.
Manter a excelencia
Son premios recibidos nos máis prestixiosos concursos internacionais e nacionais que sitúan novamente os viños de Rías Baixas como uns dos mellores brancos do mundo. Así, España foi unha boa praza para esta Denominación de Orixe, que pode presumir de ser “profeta na súa terra” grazas aos resultados en concursos consolidados como os organizados pola Unión Española de Catadores (UEC): os Bacchus 2025, que premiaron a 22 Rías Baixas (3 Gran Bacchus de Ouro, 13 Bacchus de Ouro e 6 de Prata), o seu irmán pequeno os Baco 2025 concederon a estes viños un total de 32 galardóns (1 Gran Ouro, 20 Ouros e 11 Pratas). Tamén os Vin España, concurso nacional de viños organizado pola Federación Española de Enoloxía, outorgaron ás marcas da D.O. Rías Baixas un total de 34 premios: 5 Gran Ouros, 17 Ouros e 12 Pratas.
No panorama internacional os viños Rías Baixas tamén brilaron conseguindo 88 galardóns nos Decanter World Wine Awards (1 Gran Ouro, 5 Ouros, 42 Pratas e 40 bronces), aos que se suman tamén as 38 medallas no International Wine Challenge (18 Pratas, 13 Bronces e 7 Recomendacións).
Outros concursos internacionais que premiaron a gran calidade dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas son: o Challenge International du Vin, con 3 Ouros; o Concurso TEXSON Wine Awards, un dos concursos de viños máis prestixiosos e rigorosos do mundo con sede en EE. UU, concedeu 6 galardóns (1 Platino e outro Seleción do Xurado, 1 Ouro, 2 Pratas e 1 Bronce); o Mundus Vini, con 32 premiados (22 Ouros e 10 Pratas); o IWSC International Wine & Spirit Competition, con 18 premios (1 Ouro, 8 Pratas e 9 Bronces) e en Citadelles du Vin, con 1 Ouro.
Se ben a última colleita, neste caso a 2024, tivo un peso importante con máis dun cento de galardóns, esta situación se contrarresta co resto de colleitas presentadas a estes certámenes, tamén suman máis dun cento de premios que se reparten na seguinte orden: 2023, 2022, 2021, 2020, 2018, 2019 e 2027. Cabe destacar que os viños Espumosos de Calidade Rías Baixas recibiron un total de 15 premios, demostrando así a súa consolidación como produto e o seu potencial.
Outros destacados
Ao longo do ano 2025, a D.O. Rías Baixas recibíu a visita de importantes prescriptores e profesionais co obxectivo de profundizar os seus coñecementos sobre esta rexión atlántica. Algúns como o Máster of Wine Español Pedro Ballesteros, quen catou a cegas 78 viños de Rías Baixas, así como o seu colega o Máster of Wine inglés Tim Atkin, que a leva 4 anos consecutivos visitando esta denominación, y recientemente publico un amplio informe no que recolle o resultado das 263 marcas de Rías Baixas catadas incluíndo o seu propio pódio.
Tamén o líder da publicación independente Vinous, Joaquín Hidalgo, visitou esta Denominación de Orixe o pasado ano; ao igual que fixeron os oito participantes do programa Spanish Wine Educator, procedentes de Canadá e Estados Unidos, que organiza o ICEX, os 25 alumnos do WSER Global Academy, así como as habituais misións inversas que se organizan todos os anos a través do plan de promoción do Consello Regulador e que en 2025 procederon de México, Reino Unido e USA.