Volver

31 de Outubro

MÁIS DE 64.000 QUILÓMETROS PARA PROMOCIONAR OS VIÑOS RÍAS BAIXAS 2025

Más de 64.000 km, ou unha volta e media ao mundo, foi a distancia que a Denominación de Orixe Rías Baixas percorreu para dar a coñecer os seus viños atlánticos. Nove viaxes internacionais a destinos como Estados Unidos, México, República Dominicana, Alemania, Porto Rico, Dinamarca e Reino Unido. Oito nacionais a cidades como Madrid, Ciudad Real, Barcelona e A Coruña.

Para apoiar ás 107 adegas exportadoras desta Denominación de Orixe, persoal do Consello Regulador ha feito as maletas ata 17 veces coa intención de dar a coñecer as calidades dos viños de Rías Baixas. Fíxoo no marco de feiras como Prowein, London Wine ou a través de actividades propias organizadas ad hoc como salóns de viños, roadshows, promocións en punto de venda, formacións, patrocinios e misións inversas… para ampliar os horizontes do príncipe dourado dos viños, como é as Albariño Rías Baixas.

Un esforzo no que o Consello Regulador non só investiu imaxinación e tempo, senón tamén diñeiro, concretamente preto de 800.000.000 euros para fomentar a proxección dos viños de Rías Baixas nos mercados internacionais.

 

E para 2026?

Precisamente hoxe reuníronse na sede do Consello Regulador as adegas exportadoras durante unha sesión de traballo para planificar o calendario internacional do próximo ano 2026.

Así, para poñelos en situación, o secretario do Consello, Ramón Huidobro, realizou un repaso superficial polas cifras de exportación da campaña 24/25, centrando a súa atención nos principais destinos. Ramón Huidobro apuntou que “contamos con documentación de case 30 anos de exportacións que nos debe axudar moito a sacar conclusións e tomar decisións”, engadindo que “para ser un Consello Regulador pequeno contamos cun bo orzamento”. Seguidamente, a directora do departamento de Marketing, Eva Mínguez, fixo un repaso pormenorizado polo actual plan promocional, atendendo a mercados primordiais como Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda, Puerto Rico, México, Holanda, Canadá, Bélgica e Suíza, así como accións puntuais de apoio a mercados de interese como Dinamarca, República Dominicana, Alemania, Italia e Xapón. Como explicou Eva Mínguez: “incidimos moito na formación, porque nos parece un aspecto básico para contar a nosa historia, filosofía, os viños de Rías Baixas e a súa diferenciación”.

A folla de roteiro para 2026 continuará cos mesmos plans de promoción, pero esta reunión servirá para organizar accións puntuais naqueles países propostos polas diferentes adegas.