Volver

05 de Agosto

O Túnel do Viño mantense como unha das apostas fortes da Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas

5 de agosto de 2019.- O noveno Túnel do Viño, organizado polo Consello Regulador, mantense como un dos pratos fortes da LXVII Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas en Cambados. Numerosos amantes do viño, concretamente 510 persoas, que se achegaron entre o xoves 1 de agosto e o domingo 4 de agosto, ao Salón de Congresos e Exposicións José Peña para degustar algunhas das máis de 150 marcas de 60 adegas expostas.

A directora do Departamento de Marketing, Eva Mínguez, amosouse satisfeita pola resposta do público: “estamos contentos coa respuesta do público pois pasaron máis de medio milleiro de persoas durante os catro días que o túnel abriu as súas portas”.

XXXI Cata Concurso Rías Baixas Albariño

Otro dos momentos máis destacados da fin de semana foi a XXXI Cata Concurso Rías Baixas Albariño durante a que se escolleu o mellor albariño Rías Baixas da Colleita 2018. A Medalla de Ouro recaeu en Señorío de Rubiós (da adega Señorío de Rubiós), mentres que a de Prata foi para Lagar de Costa (da adega Lagar de Costa) e a de Bronce para Castel de Fornos (de Bodegas Chaves).

Nesta trixésimo primeira edición participaron un total de 59 marcas. Foron analizadas por 22 expertos, pertencentes tanto ao panel interno do Consello Regulador como a un panel externo.

En xeral, todos os catadores destacaron “a boa organización e o desenvolvemento da Cata Concurso”. Na cata prima fíxose a selección dos trece finalistas e nela, segundo explica o xornalista de TVE Ignacio Pérez Lorenz: “a cata prima foi como un mapa a escala da D.O. Rías Baixas cunha ampla selección de viños moi bos”. Pero xa na cata derradeira, como nos matiza o catador Juan M. Ibáñez,  “dos trece viños seleccionados as diferencias son mínimas e podía gañar calquera”.