Volver

06 de Novembro

Os viños de Rías Baixas aumentan as súas exportacións durante a campaña 18/19 en volume e valor

6 de novembro de 2019.- Boas perspectivas para os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas que incrementan as súas exportacións en campaña (1 de setembro de 2018 a 30 de agosto de 2019) tanto en volume como en valor. No primeiro caso o incremento supón un 8,9% máis sobre a campaña anterior, alcanzando xa os 7.803.035 litros vendidos nos mercados internacionais, mentras que no segundo acada un aumento do 12,57%, chegando aos 43.795.371,41 €.

O crecemento das vendas ao exterior con respecto á campaña anterior supón uns cinco millóns de euros, cun prezo medio por litro de 5,61 €, un crecemento dun 3,31%, desde os 5,43 €. Os viños de Rías Baixas véndense na súa totalidade embotellados (10.404.046 botellas nesta campaña).

O principal destino dos viños de Rías Baixas por volume é o mercado dos Estados Unidos, seguido por Reino Unido, Alemaña, Porto Rico, Irlanda, Canadá, México, Holanda, Suecia e Rusia. Este último entra por primeira vez no “top ten” cunhas boas cifras tanto en volume (medra un 13,54%) como en valor (+28,78%). Este bo comportamento converterá Rusia nun dos focos de atención en 2020.

Na actualidade, os viños das adegas da D.O. Rías Baixas están presentes en máis de setenta países dos cinco continentes.

O Consello Regulador manterá a súa atención en diferentes mercados dentro da área europea, como Reino Unido e Irlanda, que presentan unha tendencia moi positiva e un bo percorrido a medio prazo. A eles hai que sumar Rusia, que como mercado potencial entrará na planificación de 2020. Ademais as accións comerciais iniciadas neste mesmo ano en países do Lonxano Oriente (como os showrooms con adegas efectuados en Seúl e Singapur) terán continuidade no futuro, ao ser considerados polo sector como unha aposta gañadora.

Durante 2018, este Consejo Regulador puxo en marcha dez plans promocionais específicos en diferentes mercados para apoiar a internacionalización dos seus viños nos que participan 104 adegas. Máis concretamente, desenvolvéronse campañas en Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Irlanda, Países Baixos, Xapón, México, Polonia, Suiza e Canadá, que se incorporou en 2019. A estas cabe engadir accións puntuais noutros destinos como Centroamérica, Hong Kong e Singapur, ou a participación en feiras internacionais en Burdeos (Vinexpo) e Lituania (Vyno Dienos).

EXPORTACIÓNS POR DESTINO EN VOLUME (Litros)

 

País

Campaña 2018-2019

% s/ total

1

E.E.U.U.

2.267.522,78 l

29,06 %

2

Reino Unido

1.819.408,38 l

23,32 %

3

Alemaña

470.714,22 l

6,03 %

4

Porto Rico

375.107,00 l

4,81 %

5

Irlanda

290.425,50 l

3,72 %

6

Canadá

278.469,75 l

3,57 %

7

México

253.542,28 l

3,25 %

8

Holanda

246.480,00 l

3,16 %

9

Suecia

162.903,25 l

2,09 %

10

Rusia

145.266,00 l

1,86 %

Resto de Países

1.493.195,51 l

19,14 %

TOTAL

7.803.034,67 l