2 de agosto de 2020.- Os tres premiados da XXXII Cata Concurso Rías Baixas Albariño da Anada 2019 déronse a coñecer esta mañá en Salón Bazán do Parador do Albariño (Cambados). A Medalla de Ouro recaeu en Gundián ( Adegas Valdes); a Medalla de Prata en Noelia Bebelia (Adega San Salvador de Soutomaior), a Medalla de Bronce foi para Pioneiro Macerato (Cooperativa Viña Almirante). Esta edición da cata concurso, á que se presentaron 46 marcas, estivo marcada pola diversidade, ou sexa, a representación de tres subzonas diferentes da D.O. Rías Baixas no pódium dos mellores Albariños Rías Baixas da Anada 2019. O gañador foi un viño da subzona de Ribeira do Ulla, o segundo procede da subzona de Soutomaior que por primeira vez conta cunha marca entre os galardoados nesta Cata Concurso, e o terceiro recaeu na subzona do Salnés.
Tanto o presidente do CRDO Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, como o conselleiro do Medio Rural, José González, felicitaron aos premiados e resaltaron o esforzo realizado polo Consello Regulador por manter estes actos centrais e tradicionais da LXVIII Albariño Rías Baixas 2020.
Nunha edición “moi rifada e competitiva” da Cata Concurso, o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, quixo “enviar unha mensaxe de ánimo ao sector de Rías Baixas. O bo traballo realizado durante tantos anos sérvenos de apoio para seguir adiante. E cando todo isto pase, o noso reto será ordenar o crecemento ao que nos vai a levar a alta demanda dos nosos viños. Sen dúbida, xa o verán, imos sorprender moi pronto”. Tamén surbrayó que “estes premios son a representación do bo traballo que se está facendo na D.O. Rías Baixas”.
Precisamente a esta mensaxe de ánimo quíxose sumar tamén o conselleiro do Medio Rural, José González, quen trasladou “ sen ningunha dúbida ou apoio dá Xunta de Galicia ao sector do viño que é primordial non sector primario galego”. Un apoio ao viño galego con medidas específicas: “Habilitaremos unha préstamo vendima para que as adegas poidan comprar a uva aos viticultores en condicións financieiras normais”, explicou o conselleiro de Medio Rural, quen tamén destacou “o plan de promoción específico para produtos galegos de calidade con especial atención aos viños galegos e seguiremos traballando na extratexia de dinamización dás comarcas vitícolas para colocar ou viño nun papel central nas súas comarcas”.
Finalmente, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, resaltou “a boa colaboración e coordinación que houbo entre o Consello Regulador e o Concello de Cambados”, de feito, ambas as institucións xa asinaran previamente un convenio de colaboración. Un gran esforzo e traballo se temos en conta que “o Consello tivo que ir adaptándose sobre a marcha ás normativas e recomendacións sanitarias” aclarou Fátima Abal.
A notaria de Cambados, Mª Elena Loira, actuou como fedataria e deu a coñecer os viños premiados durante un acto no que tamén participaron o secretario do Consello Regulador e da propia Cata Concurso, Ramón Huidobro, e o secretario do Capítulo Serenísimo do Albariño, Pedro Piñeiro.