Volver

05 de febrero

A verdadeira faciana dos viños Rías Baixas, por Antonio Portela

Hoy os traemos una colaboración del vicepresidente de AGASU, Antonio Portela, que nos recuerda la importancia de seguir celebrando las Catas de las Añadas para que la D.O rías Baixas pueda dar a conocer al consumidor todo su potencial.   Nas zonas vitivinícolas onde ainda estamos albiscando as nosas potencialidades, onde  anada tras anada imos descubrindo novos retos e unhas metas máis elevadas, son fundamentais, para iren cara a máxima expresión do que somos e do que podemos chegar a representar no universo do viño, actos como a Cata das Añadas. Unha cata para presentar e ir asentando no mundo do viño, e asi chegar ó imaxinario do consumidor final, as verdadeiras facianas, e non a dos prexuizos, dos viños das Rías Baixas. As grandes Catedrais do viño xa teñen percorrido este camiño hai séculos  grazas á transmisión xeneracional , e ó labor monástica, marcando un guieiro que os sucesivos relevos de labradores de viñas souberon aproveitar. Galicia e sobre todo a denominación de orixe Rías Baixas ten un potencial agochado, nunca posto no seu auténtico valor, potencial sepultado pola falta de autoestima e o descoñecemento do propio, buscando noutras entidades culturais ou vitícolas as súas referencias. Estamos inseridos nun proceso emocionante, vivimos momentos de traballo, de construcción do que seremos, de asentamento dos piares sobre os que descansará o futuro máis esplendoroso dos viños das Rías Baixas e de toda Galicia. A Cata das Añadas fai visible, visualiza, centra o obxectivo e fai que os focos alumeen  nun dos factores que porán ós viños brancos das Rías Baixas ó mesmo nivel dos grandes brancos do mundo: a súa lonxevidade. Este obxectivo require  viticultores, elaboradores e organismos á altura de tal propósito. Non valen elaboracións mediocres ou destinadas a cubrir o expediente, é necesario aplicar as suficientes doses de ambición que nos vaian trasladando máis alá. Nesta IV Cata das Anadas comprobamos o que xa sabemos: que o terroir da Rías Baixas, orixinado pola conxunción de castes adaptadas ós seu microclimas e ós seus solos, e quen de darmonos viños que co tempo alcanzan niveis de complexidade e elegancia que os han de levar ó Olimpo dos viños. So faltaba o último factor da ecuación dun terroir: o home que o interpreta. Asimesmo tamén temos comprobado nesta edición da Cata das Anadas que hai viticultores e elaboradores que necesitan uns graos máis deAmbición…  senón han ficar rezagados ou descolgados nesta viaxe que xa non ten volta atrás.