Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
Un total de 21 marcas amparadas por 16 adegas adscritas á Denominación de Orixe Rías Baixas participan estes días na XLIII Festa do Viño de Barro que recupera a normalidade tras o parón causado pola pandemia. Ademais, estes viños competirán por facerse con algún dos galardóns da Cata de Viños Albariños Rías Baixas. O xurado estará composto por tres expertos do panel de cata da D.O. Rías Baixas (Fernando Alonso, Javier Pérez, José Dopazo) e un técnico do Consello Regulador, José Luis Martínez. Ditas marcas poderán ser degustadas nunha zona habilitada no Pazo dá Crega.
Este festexo ofrecerá a posibilidade aos asistentes de adquirir botellas dalgún dos viños participantes a prezos especiais: 8, 10, 12 e 15 euros. Desde a organización indican que se poñerán á venda ao redor de catro mil botellas. Nesta edición só haberá elaboracións da variedade Albariño Rías Baixas.
A xornada do domingo no municipio de Barro estará protagonizada pola Cata de Viños Albariños Rías Baixas. Será a partir das 10.30 horas no Pazo dá Crega e, nela participarán 21 marcas amparadas pola denominación de orixe. A entrega de trofeos está prevista ás 13:30 h.
A cita no concello pontevedrés congrega cada ano miles de persoas durante os días de celebración. Este ano, e despois do parón pola pandemia, prevese unha asistencia de máis de 6.000 persoas durante as celebracións esta fin de semana.