Tes a idade legal para consumir bebidas alcohólicas no teu país?
Para acceder aos contidos da nosa web debes ser maior de idade no teu país de residencia.
A D.O. Rías Baixas e a D.O.P. Los Pedroches continúan avanzando na súa campaña europea “Ao fin xuntos” cunha nova acción gastronómica que levará a súa proposta de maridaxe a 10 restaurantes de Madrid e 5 de Sevilla.
Do 24 de setembre ao 11 de outubre, os establecementos participantes ofrecerán aos seus clientes a oportunidade de gozar dun encontro gastronómico que une dous produtos de orixe e calidade certificada: os viños da D.O. Rías Baixas e o Xamón Ibérico de Bellota 100% Ibérico D.O.P. Los Pedroches.
A iniciativa enmárcase no segundo ano do programa europeo de promoción “Ao fin xuntos”, que ten como obxectivo seguir achegando ao consumidor español os valores de ambas as dúas Denominacións de Orixe: a orixe certificada, a tradición, a excelencia e a garantía de calidade asociada aos selos europeos de calidade diferenciada.
Do Atlántico á dehesa: unha maridaxe que atopa o seu equilibrio
Aínda ue proceden de territorios moi diferentes, a DO Rías Baixas e a DOP Los Pedroches comparten unha mesma forma de entender a excelencia: o respecto por a orixe, o coidado dos procesos de elaboración e o compromiso coa calidade.
Os viños da D.O. Rías Baixas, de marcado carácter atlántico, achegan á maridaxe frescura, aromas de froita branca, cítricos e flores e unha acidez vibrante. Pola súa parte, o Xamón Ibérico de Bellota 100% Ibérico da D.O.P. Los Pedroches destaca pola súa textura sedosa, aroma profundo e sabor rico en matices, resultado da raza, a alimentación natural durante a montanera e a tradición das súas elaboradoras.
O resultado é unha combinación na que ambos produtos compleméntanse: a frescura do viño refresca o padal despois de cada bocado de xamón, mentras a graxa infiltrada do ibérico modula a acidez do viño, creando unha experiencia sensorial equilibrada e complexa.
Así, a campaña volve poñer de manifesto que Atlántico e dehesa, norte e sur, mar e terra poden atoparse arrededor dunha mesma mesa.
15 restaurantes súmanse a “Ao fin xuntos”
A acción contará coa participación de 10 restaurantes en Madrid: Viavélez, Élkar, H Emblemático, Casa Mortero, Vinea Wine Bar, Norte Sur General Pardiñas, Norte Sur Bravo Murillo, Norte Sur Las Tablas, Norte Sur Costa Rica e Norte Sur Pozuelo.
En Sevilla, serán cinco os establecementos participantes: Sr. Cangrejo, Mercado de Enma, Oído Cocina, Restaurante de la O e Casalimón.
Durante o periodo da acción, do 24 de setembro ao 11 de outubro, os clientes destes restaurantes poderán achegarse á proposta de “Ao fin xuntos” e descubrir de primeira man a versatilidade gastronómica de dous produtos que, pese a proceder de paisaxes tan diferentes, encontran na mesa un punto de encontro.
Unha nova acción dentro do segundo ano da campaña europea
Esta iniciativa forma parte da estratexia de comunicación e relacións públicas deseñada para o segundo ano de “Ao fin xuntos”, que busca manter unha presenza constante de ambas denominacións na axenda de medios, consumidores e prescriptores a través de accións como catas maridadas, experiencias gastronómicas e outras iniciativas de divulgación.
A campaña continúa así o seu propósito de achegar ao público os beneficios e valores dos produtos amparados polos rexímenes de calidade da Unión Europea, poñendo o foco en dous produtos que representan territorios, tradicións e formas de elaboración diferentes, pero que comparten unha mesma aposta pola calidade certificada.
Con esta acción en restaurantes, a D.O. Rías Baixas e a D.O.P. Los Pedroches consolidan unha maridaxe que demostra que dous territorios tan diferentes poden estar, “Ao fin xuntos” aredor dunha mesma mesa.