O Consello Regulador organiza encontros de traballo entre adegas e importadores etadounidenses


A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas (Pazo de Mugartegui) acolleu esta mañá a primeira das dúas reunións de traballo que seis importadores estadounidenses manterán con 24 adegas inscritas. Esta iniciativa, que se desenvolve por primeira vez, crea un espazo de reunións de negocio coa finalidade de incrementar a presenza dos viños de Rías Baixas no seu primeiro mercado internacional.

6 de xuño de 2017.-A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas (Pazo de Mugartegui) acolleu esta mañá a primeira das dúas reunións de traballo que seis importadores estadounidenses manterán con 24 adegas inscritas. Esta iniciativa, que se desenvolve por primeira vez, crea un espazo de reunións de negocio coa finalidade de incrementar a presenza dos viños de Rías Baixas no seu primeiro mercado internacional.

Na sesión de hoxe participaron 13 empresas, mentres que mañá espérase ás 11 restantes. Nestas reunións de traballo, case a metade das adegas participantes non exporta a Estados Unidos, e as restantes participan nesta iniciativa co obxectivo de ampliar mercado, indica a directora do Departamento de Márketing do Consello Regulador, Eva Mínguez. Esta actividade encádrase dentro dunha misión inversa na que os importadores teñen oportunidade de coñecer in situ o territorio e a variedade dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, ademais de catalos e tratar directamente cos adegueiros, algo que non poden facer no seu país.

Os seis importadores han vindo acompañados por Megan Pisani, membro da axencia Gregory White PR coa que se colabora no desenvolvemento do Plan de Promoción do Consello Regulador en Estados Unidos. Pisani indicou respecto desta actividade que serve para estender aínda máis o coñecemento sobre os viños de Rías Baixas entre profesionais e os consumidores, ademais de buscar vías para incrementar a exportación a este país.

Neste sentido, Eva Mínguez indicou que Estados Unidos é un mercado con moitas posibilidades e no que aínda temos moito percorrido. O perfil do consumidor é unha persoa con poder adquisitivo e aberto a probar elaboracións con diferentes varietais, indicou, á vez que encomiou o gran traballo que se están desenvolvendo desde as nosas adegas para ampliar mercado.

Damien Casten, Kevin Stuart, John Kohnen, Rachel Macalisang, Matt Muliinax e Eric Crane integran esta misión inversa desenvolvida dentro do Plan de Promoción de Estados Unidos promovido polo Consello Regulador. Tras realizar onte un breve percorrido polo territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas, participarán hoxe e mañá en reunións de traballo matutinas cos adegueiros para despois realizar un percorrido por distintas adegas durante a tarde.

Primeiro mercado exterior

Estados Unidos é o primeiro mercado exterior dos viños de Rías Baixas. Non en balde, dos máis de 6,4 millóns de litros exportados o pasado ano a todo o mundo case 2,5 millóns viaxaron a este país. Na actualidade, son medio centenar as adegas que participan no plan de promoción específico do Consello Regulador en Estados Unidos. Unha cifra que se espera incrementar tras a misión inversa de importadores estadounidenses que se desenvolve estes días.