O Master of Wine británico, Tim Atkin, visita esta semana a D.O. Rías Baixas


Unha semana dedicará Tim Atkin, o galardoado escritor de viños e Master of  Wine, procedente de Reino Unido, a profundar os seus coñecementos nos viños, as adegas e a viticultura da D.O. Rías Baixas. Para iso percorrerá diferentes subzonas da denominación entre as que se atopan Condado  do  Tea, O Rosal e Val do Salnés. Contará cun amplo programa que lle permitirá visitar un total de 24 adegas, e completar o seu coñecemento con algunha reunión.

Esta visita iniciouse onte luns no Paz de Mugartegui, onde tras unha breve presentación do Consello Regulador catou un total de 17 marcas pertencentes a sete adegas. Destes viños, 10 pertencían á anada 2021, 1 á 2020, 3 á 2019, 2 á 2018 e un á 2017. O percorrido continuou pola subzona do Salnés, a que percorrerá durante varios días, para logo dedicar outras dúas xornadas a coñecer as áreas de Condado  do  Tea e O Rosal.

O mercado de Reino Unido ocupa a segunda posición das exportacións dos viños de Rías Baixas, superando xa o limiar dos 2 millóns de litros, concretamente con 2.273.718,99 litros e con 11.134.254 € en valor no pasado exercicio. Precisamente, nese mercado venderon un total de 83 adegas. Este país, que incrementou o seu volume en 2021 nun 6,8% e un 14,81% en valor, conta cun plan de promoción.

Tim  Atkin

Tim é un galardoado escritor de viños e Master of Wine con 35 anos de experiencia. Escribe para varias publicacións, incluíndo Harpers, Decanter, The World of Fine Wine, Gourmet Traveller Wine e The Drinks Business e é un dos Tres Homes do Viño. Tamén é copresidente do  International Wine Challenge, gañou máis de 30 premios polo seu xornalismo e fotografía e cura o seu propio galardoado.