Os viños de Rías Baixas aumentan as súas exportacións en campaña tanto en valor como en volume


20 de decembro de 2018.- Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas incrementan en volume e en valor as súas exportacións de campaña, que comprende o periodo desde o 1 de setembro de 2017 ata o 30 de agosto de 2018.  Este crecemento traduciuse nun 16,61% máis de volume, acadando xa os 7.161.283,52 litros vendidos nos mercados internacionais e nun 14,69% en valor, chegando aos 38.873.637,18 euros. Con respecto á campaña anterior, estes viños elevaron en algo máis dun millón de litros as súas vendas ao exterior, mentres  que en valor aumentaron en cinco millóns de euros.

Das 184 adegas adscritas a esta denominación, 103 xa se atopan en plans de exportación, algo máis do 56% do total. Estes resultados son froito do traballo constante do sector de Rías Baixas e da súa aposta constante polas exportacións durante máis de vinte anos.

En xeral, o comportamento dos principais destinos dos viños de Rías Baixas foi positivo. Cabe destacar os crecementos de Suecia, cun aumento do 117% en volume e un 88,53% en valor, e de Canadá, con incrementos do 80,92% e do 70%, respectivamente. Os dous países sitúanse entre os dez primeiros mercados externos. A eles tamén se suman Holanda e Alemania, que amosan unha boa evolución durante esta campaña 2017-2018.

As primeiras posicións son para Estados Unidos, liderando os mercados exteriores, seguido do Reino Unido, Holanda, Alemaña, Porto Rico, Canadá, Irlanda, México, Suiza e Suecia. Na actualidade a D.O. Rías Baixas está presente en máis de 65 países, repartidos entre os cinco continentes.

Durante 2018 este Consello Regulador puxo en marcha oito plans promocionais específicos en diferentes mercados para apoiar a internacionalización dos seus viños. Máis concretamente, os plans desenvolvéronse en Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Irlanda, Países Baixos, Xapón, México e Polonia. A eles hai que engadir accións puntuais noutros países, como Suiza e Canadá, ou a participación en feiras internacionais, como as de Hong Kong e Singapur.

 

EXPORTACIÓNS POR DESTINOS

 

País

Volume 2017-2018

1

Estados Unidos

2.469.621,48 litros

2

Reino Unido

1.501.536,05 litros

3

Holanda

   334.251  litros

4

Alemaña

   324.797,54 litros

5

Porto Rico

   300.621 litros

6

Canadá

   239.240 litros

7

Irlanda

   176.409 litros

8

México

   215.125,50 litros

9

Suiza

   156.422,75 litros

10

Suecia

   154.722,50 litros